SEOC01

 

SEOC01 - Proxectos de edificación

Ciclo formativo
Familia: Edificación e obra civil
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SEOC01
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en elaborar a documentación técnica de proxectos de edificación, realizar trazas de obra e xestionar o control documental para a súa execución, respectando a normativa e as condicións ambientais, de calidade e de seguridade establecidas.

 

En que ámbitos se traballa?
As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade como persoal asalariado ou autónomo en estudios de arquitectura, enxeñaría e delineación, en consultorías, en promotoras inmobiliarias, en empresas construtoras e na Administración. A súa actividade está regulada.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Delineante proxectista de edificación; delineante de edificación; delineante de instalacións; maquetista de construción; axudante de xefe/a de oficina técnica; axudante de planificador/ora; axudante de técnico/a de control de custos; técnico/a de control documental; especialista en trazas; axudante de procesos de certificación enerxética de edificios; técnico/a de eficiencia enerxética de edificios; delineante proxectista de redes e sistemas de distribución de fluídos.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0567 Deseño e construción de edificios 133 5
MP0562 Estruturas de construción 107 4
MP0573 Formación e orientación laboral 107 4
MP0565 Implantacións de construción 133 5
MP0568 Instalacións en edificación 133 5
MP0563 Representacións de construción 347 13
MP0571 Desenvolvemento de proxectos de edificación non residencial 123 7
MP0570 Desenvolvemento de proxectos de edificación residencial 210 12
MP0569 Eficiencia enerxética en edificación 70 4
MP0574 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0575 Formación en centros de traballo 384
MP0564 Medicións e valoracións de construción 87 5
MP0566 Planificación de construción 87 5
MP0572 Proxecto en edificación 26

Réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia

Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia. Curso 2023-2024.

Modalidade de formación profesional dual

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Coruña, A 15024513 CIFP Someso 881880001
Ferrol 15006778 CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro 881930145

Lugo



Concello Código Centro educativo Teléfono
Lugo 27006516 CIFP Politécnico de Lugo 982220328

Ourense



Concello Código Centro educativo Teléfono
Ourense 32015050 CIFP A Farixa 988783012

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Poio (San Salvador) 36025219 CIFP de Cantería de Galicia 886152111




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).