SENA03
SENA03 - Centrais eléctricas
Que se aprende a facer?
Xestionar, coordinar e controlar as tarefas de operación, apoiar a supervisión do proceso de produción e realizar o mantemento de primeiro nivel en centrais e subestacións eléctricas, garantindo o seu óptimo funcionamento desde o punto de vista da fiabilidade e a eficiencia enerxéticas, e cumprindo as prescricións establecidas en materia de calidade e seguridade para as persoas, o ambiente e as instalacións.
En que ámbitos se traballa?
En empresas relacionadas coa xeración eléctrica por medio de centrais eléctricas hidroeléctricas e térmicas (carbón, gas, diésel, biomasa e outros combustibles, incluíndo instalacións de xeración eléctrica termosolar e coxeración); tamén en empresas que posúan instalacións de alta tensión, así como en empresas industriais que realicen traballos de montaxe e mantemento de centrais e subestacións eléctricas, dependendo funcionalmente dun superior e podendo ter ao seu cargo persoal.
Que ocupacións se desempeñan?
Axudante técnico/a de operación de centrais termoeléctricas, responsable de operación e mantemento de sistemas de coxeración, operario/a de planta de central termoeléctrica, operador/ora de control de central termoeléctrica, técnico/a de operación e mantemento de centrais hidroeléctricas, operador/ora de centro de control de centrais hidroeléctricas, operario/a de planta de centrais hidroeléctricas, encargado/a de montaxe de subestacións eléctricas, encargado/a de mantemento de subestacións eléctricas, operador/ora mantedor/ora de subestacións eléctricas.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0672 | Centrais de produción eléctrica | 267 | ||
1º | MP0671 | Prevención de riscos eléctricos | 52 | ||
1º | MP0668 | Sistemas eléctricos en centrais | 160 | ||
1º | MP0669 | Subestacións eléctricas | 187 | ||
1º | MP0670 | Telecontrol e automatismos | 187 | ||
2º | MP0675 | Coordinación de equipos humanos | 105 | ||
2º | MP0678 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | ||
2º | MP0677 | Formación e orientación laboral | 107 | ||
2º | MP0679 | Formación en centros de traballo | 384 | ||
2º | MP0674 | Mantemento de centrais eléctricas | 227 | ||
2º | MP0673 | Operación en centrais eléctricas | 245 | ||
2º | MP0676 | Proxecto de centrais eléctricas | 26 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).