SELE51

 

SELE51 - Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías de operación

Curso de especialización
Familia: Electricidade e electrónica
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 720
Código: SELE51
Documentación: RD

Que se aprende a facer?
Definir e pór en práctica estratexias de seguridade nas organizacións e nas infraestruturas industriais, mediante a realización de diagnósticos de ciberseguridade e a identificación de vulnerabilidades, así como a execución das medidas necesarias para as arranxar, aplicando a normativa e os estándares do sector, consonte protocolos de calidade, de prevención de riscos laborais e de respecto ambiental.

 

En que ámbitos se traballa?
Organizacións de diversos sectores, nas que cumpra establecer e garantir a seguridade dos procesos industriais que desenvolven.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Experto/a en ciberseguridade, auditor/a de ciberseguridade, consultor/a de ciberseguridade e analista de ciberseguridade, todas elas en contornas da operación.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP5030 Análise forense en ciberseguridade industrial 180 7
MP5027 Ciberseguridade en proxectos industriais 100 4
MP5029 Redes de comunicacións industriais seguras 140 6
MP5031 Seguridade integral 180 8
MP5028 Sistemas de control industrial seguros 120 5




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).