SELE50

 

SELE50 - Sistemas de sinalización e telecomunicacións ferroviarias

Curso de especialización
Familia: Electricidade e electrónica
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 600
Código: SELE50
Documentación: RD

Que se aprende a facer?
Organizar, planificar, supervisar e executar a montaxe e o mantemento avanzado de sistemas de sinalización e telecomunicacións ferroviarias, aplicando a normativa vixente, e seguindo os protocolos de calidade, de seguridade, de prevención de riscos laborais, e de protección e respecto ambiental.

 

En que ámbitos se traballa?
As persoas que obteñan o certificado que acredita a superación deste curso de especialización poderán exercer a súa actividade en empresas onde cumpra realizar labores de colaboración no desenvolvemento de proxectos relacionadas coa instalación, a configuración, a supervisión e o mantemento de sistemas de sinalización e telecomunicacións ferroviarias. Así mesmo, poderán exercer a súa actividade, tanto no sector público como no privado, na instalación e no mantemento dos sistemas de sinalización e telecomunicacións utilizados nos servizos de transporte ferroviario, xa sexa dos prestados ao abeiro da Lei 38/2015, do sector ferroviario, ou xa dos subministrados polos ferrocarrís autonómicos, urbanos (tranvías), suburbanos (metros) e interurbanos (metros ou tranvías lixeiros). Entre outros sectores empresariais, cabe destacar os que a seguir se relacionan:
• Empresas de instalación de infraestruturas de sinalización e seguridade ferroviarias.
• Empresas de instalación de sistemas de telecomunicacións ferroviarias.
• Empresas de instalación de sistemas de control-mando e sinalización do sistema ferroviario.
• Empresas de mantemento de infraestruturas de sinalización e seguridade ferroviarias.
• Empresas de mantemento de sistemas de telecomunicacións ferroviarias.
• Empresas de mantemento de sistemas de control-mando e sinalización do sistema ferroviario.
• Empresas administradoras de infraestruturas ferroviarias de ámbito estatal.
• Empresas administradoras de infraestruturas ferroviarias de ámbito autonómico, interurbano ou local.
• Empresas administradoras de infraestruturas de ferrocarrís metropolitanos.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Responsable técnico/a de instalacións de sinalización. Responsable técnico/a de instalacións de telecomunicacións. Responsable técnico/a de instalacións de telemandos. Técnico/a en planificación e programación de procesos de mantemento de instalacións de seguridade. Técnico/a en planificación e programación de procesos de mantemento de sistemas de telecomunicacións. Xefe/a de equipo de montadores/as de instalacións de seguridade. Xefe/a de equipo de mantedores/as de instalacións de seguridade. Xefe/a de equipo de montadores/as de sistemas de telecomunicacións. Xefe/a de equipo de mantedores/as de sistemas de telecomunicacións. Encargado/a de sector de instalacións de seguridade. Encargado/a de sector de telecomunicacións. Montador/a eléctrico/a de instalacións de seguridade con especialización. Oficial de telecomunicacións con especialización. Técnico/a axudante. Responsable de mantemento e control.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP5047 Formación en centros de traballo 120
MP5044 Infraestrutura de sistemas de sinalización e seguridade ferroviaria 125 8
MP5046 Normativa de sinalización e seguridade ferroviaria 88 6
MP5045 Sistemas de control e xestión do tráfico ferroviario 125 7
MP5043 Sistemas de telecomunicacións ferroviarias 142 9




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).