SELE05

 

SELE05 - Electromedicina clínica

Ciclo formativo
Familia: Electricidade e electrónica
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SELE05
Documentación: RD

Que se aprende a facer?
Xestionar e realizar a montaxe e o mantemento de instalacións, sistemas e equipamentos de electromedicina clínica, considerando as recomendacións do fabricante, os requisitos oportunos de calidade e de seguridade, e a normativa vixente aplicable.

 

En que ámbitos se traballa?
As persoas que obteñen este título exercen a súa actividade en servizos técnicos dedicados á montaxe e/ou ao mantemento de instalacións, sistemas e equipamentos de electromedicina clínica pertencentes a centros sanitarios públicos ou privados, e nos departamentos de asistencia técnica ou atención á clientela dedicados a asesoramento e/ou execución da montaxe e/ou o mantemento de instalacións, sistemas e equipamentos de electromedicina clínica, pertencentes a empresas fabricantes, distribuidoras ou provedoras dos devanditos servizos, de natureza pública ou privada, con independencia da súa forma xurídica e do seu tamaño, por conta propia ou allea. As actividades que se desenvolven no seu ámbito profesional están sometidas a regulación polas administracións competentes.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Xefe/a de equipo de instaladores/as de sistemas de electromedicina; coordinador/a e supervisor/a de mantemento de sistemas de electromedicina; especialista de aplicacións electromédicas; especialista de produto de sistemas de electromedicina; asesor/a técnico/a de sistemas de electromedicina; técnica/o en electrónica, especialidade en electromedicina; instalador/a reparador/a en electromedicina.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP1597 Formación e orientación laboral 107
MP1585 Instalacións eléctricas 107
MPI023 Lingua estranxeira profesional I 53
MP1589 Sistemas de monitorización, rexistro e coidados críticos 213
MP1588 Sistemas de radiodiagnóstico, radioterapia e imaxe médica 213
MP1586 Sistemas electromecánicos e de fluídos 107
MP1587 Sistemas electrónicos e fotónicos 107
MP1592 Tecnoloxía sanitaria no ámbito clínico 53
MP1596 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP1598 Formación en centros de traballo 384
MPI024 Lingua estranxeira profesional II 53
MP1593 Planificación da adquisición de sistemas de electromedicina 157
MP1595 Proxecto de electromedicina clínica 26
MP1590 Sistemas de laboratorio e hemodiálise 140
MP1591 Sistemas de rehabilitación e probas funcionais 87
MP1594 Xestión da montaxe e mantemento de sistemas de electromedicina 140




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).