SELE03

 

SELE03 - Automatización e robótica industrial

Ciclo formativo
Familia: Electricidade e electrónica
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SELE03
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Desenvolver e xestionar proxectos de montaxe e mantemento de instalacións automáticas de medida, regulación e control de procesos en sistemas industriais, así como supervisar ou executar a montaxe, o mantemento e a posta en marcha deses sistemas, respectando criterios de calidade, seguridade, protección ambiental e deseño universal.

 

En que ámbitos se traballa?
Exércese a actividade profesional en empresas públicas e privadas relacionadas cos sistemas automáticos industriais, nas áreas de deseño, montaxe e mantemento de sistemas de automatización industrial.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Xefe/a de equipo de supervisión de montaxe de sistemas de automatización industrial;xefe/a de equipo de supervisión de mantemento de sistemas de automatización industrial;verificador/ora de aparellos, cadros e equipamentos eléctricos; xefe/a de equipo en taller electromecánico; técnico/a en organización de mantemento de sistemas de automatización industrial; técnico/a de posta en marcha de sistemas de automatización industrial;proxectista de sistemas de control de sistemas de automatización industrial; proxectista de sistemas de medida e regulación de sistemas de automatización industrial; proxectista de redes de comunicación de sistemas de automatización industrial; programador/oracontrolador/ora de robots industriais; técnico/a en deseño de sistemas de control eléctrico;deseñador/ora de circuítos e sistemas integrados en automatización industrial.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0963 Documentación técnica 107 4
MP0970 Formación e orientación laboral 107 4
MP0964 Informática industrial 107 4
MP0961 Sistemas de medida e regulación 133 5
MP0962 Sistemas de potencia 186 7
MP0959 Sistemas eléctricos, pneumáticos e hidráulicos 160 6
MP0960 Sistemas secuenciais programables 160 6
MP0967 Comunicacións industriais 192 11
MP0971 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0972 Formación en centros de traballo 384
MP0968 Integración de sistemas de automatización industrial 175 10
MP0969 Proxecto de automatización e robótica industrial 26
MP0966 Robótica industrial 87 5
MP0965 Sistemas programables avanzados 123 7

Réxime de persoas adultas na modalidade presencial

Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial. Curso 2023-2024.

Réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia

Modalidade de formación profesional dual

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Ferrol 15006754 CIFP Ferrolterra 981333107

Ourense



Concello Código Centro educativo Teléfono
Carballiño, O 32015037 IES Manuel Chamoso Lamas 988788380

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Moaña 36004745 IES Plurilingüe A Paralaia 886120354




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).