SCOM02
SCOM02 - Comercio internacional
Que se aprende a facer?
Planificar e xestionar os procesos de importación e exportación, e de introdución e expedición de mercadorías, aplicando a lexislación, no marco dos obxectivos e dos procedementos establecidos.
En que ámbitos se traballa?
En empresas de calquera sector produtivo, nomeadamente do sector do comercio e márketing público e privado, realizando funcións de planificación, organización, xestión e asesoramento de actividades de comercio internacional. Trátase de traballadores e traballadoras por conta propia que xestionan a súa empresa, realizando actividades de comercio internacional, ou por conta allea, que exercen a súa actividade no departamento de comercio internacional dentro dos subsectores de: industria, comercio e agricultura, no departamento de comercio internacional, entidades financeiras e de seguros, no departamento de exterior, empresas intermediarias no comercio internacional, como axencias transitarias, axencias comerciais, empresas consignatarias, axencias de alfándegas, empresas de asesoramento comercial e xurídico, etc, empresas importadoras, exportadoras e distribuidoras-comercializadoras, empresas de loxística e transporte, asociacións, institucións, organismos e organizacións non gobernamentais.
Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a en comercio exterior, técnico/a de operacións exteriores de entidades financeiras e de seguros, técnico/a en administración de comercio internacional, asistente ou adxunto/a de comercio internacional, axente de comercio internacional, técnico/a de márketing internacional, técnico/a de márketing dixital internacional, técnico/a de venda internacional, asistente ao departamento de operacións comerciais internacionais, transitario/a, consignatario/a de buques, operador/ora loxístico/a, xefe/a de almacén, técnico/a en loxística do transporte, coordinador/ora loxístico/a, técnico/a en loxística inversa.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0829 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP0179 | Inglés profesional | 160 | 6 | |
1º | MP0824 | Negociación internacional | 132 | 5 | |
1º | MP0622 | Transporte internacional de mercadorías | 187 | 7 | |
1º | MP0627 | Xestión administrativa do comercio internacional | 187 | 7 | |
1º | MP0623 | Xestión económica e financeira da empresa | 187 | 7 | |
2º | MP0827 | Comercio dixital internacional | 105 | 6 | |
2º | MP0825 | Financiamento internacional | 105 | 6 | |
2º | MP0830 | Formación en centros de traballo | 384 | ||
2º | MP0625 | Loxística de almacenamento | 123 | 7 | |
2º | MP0823 | Márketing internacional | 123 | 7 | |
2º | MP0826 | Medios de pagamento internacionais | 87 | 5 | |
2º | MP0828 | Proxecto de comercio internacional | 26 | ||
2º | MP0822 | Sistema de información de mercados | 87 | 5 |
Réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia. Curso 2023-2024.
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).