SCOM01
SCOM01 - Transporte e loxística
Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en organizar, xestionar e controlar as operacións do transporte de mercadorías e de viaxeiros no ámbito nacional e internacional, e en planificar e xestionar as actividades loxísticas dunha empresa, de acordo coa normativa ecos obxectivos establecidos pola dirección da empresa, no marco da calidade, a seguridade e o respecto ambiental.
En que ámbitos se traballa?
As persoas que obteñan este título han exercer a súa actividade en empresas do sector do transporte e a loxística, por conta propia ou por conta allea, realizando funcións de planificación, organización, xestión e comercialización do servizo de transporte e/ou de loxística.
Que ocupacións se desempeñan?
Xefe de tráfico de empresas de transporte de viaxeiros por estrada, en actividades de transporte e en actividades de transporte combinado; xefe de operacións, de estación de autobuses, de circulación, de almacén, de administración en transporte terrestre, aéreo, marítimo e multimodal; xerente da empresa de transporte; inspector de transporte de viaxeiros por estrada; xestor de transporte por estrada; administrativo de servizo de transporte por estrada; axente de transportes e de carga; comercial de servizos de transporte; operador de transporte porta a porta e loxístico; transitario; consignatario de buques; técnico en loxística do transporte e en loxística inversa; coordinador loxístico.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0624 | Comercialización do transporte e a loxística | 132 | 5 | |
1º | MP0631 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP0179 | Inglés profesional | 160 | 6 | |
1º | MP0622 | Transporte internacional de mercadorías | 187 | 7 | |
1º | MP0627 | Xestión administrativa do comercio internacional | 187 | 7 | |
1º | MP0623 | Xestión económica e financeira da empresa | 187 | 7 | |
2º | MP0632 | Formación en centros de traballo | 384 | ||
2º | MP0625 | Loxística de almacenamento | 123 | 7 | |
2º | MP0626 | Loxística de aprovisionamento | 105 | 6 | |
2º | MP0629 | Organización do transporte de mercadorías | 140 | 8 | |
2º | MP0628 | Organización do transporte de viaxeiros/as | 87 | 5 | |
2º | MP0630 | Proxecto de transporte e loxística | 26 | ||
2º | MP0621 | Xestión administrativa do transporte e a loxística | 175 | 10 |
Réxime de persoas adultas na modalidade presencial
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial. Curso 2023-2024.
Réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia. Curso 2023-2024.
Modalidade de formación profesional dual
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Coruña, A | 15005257 | IES Ramón Menéndez Pidal | 981203000 |
Santiago de Compostela | 15026753 | IES A Pontepedriña | 881867152 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).