SARG02
SARG02 - Deseño e edición de publicacións impresas e multimedia
Que se aprende a facer?
Deseñar produtos gráficos, envases e embalaxes, editar publicacións impresas e electrónicas, xestionar e controlar a produción editorial, realizando a publicación e o servizo de atención á clientela, aplicando os protocolos de calidade, seguridade e prevención de riscos laborais, e asegurando a súa funcionalidade e o respecto polo ambiente.
En que ámbitos se traballa?
En editoriais, en empresas de publicacións multimedia e de artes gráficas, en empresas de servizos gráficos integrais, de comunicación e de publicidade, así como noutras empresas como as dedicadas ao envasamento e á embalaxe ("packaging") que teñan seccións de deseño estrutural de envases e embalaxes.
Que ocupacións se desempeñan?
Deseñador/ora gráfico/a. Deseñador/ora de publicacións multimedia. Deseñador/ora de envases e embalaxes. Técnico/a en produción editorial. Asistente á edición. Técnico/a en preimpresión. Técnico/a en xestión de produción gráfica. Técnico/a en desenvolvemento e publicación de produtos multimedia. Técnico/a en comercialización de produtos gráficos e multimedia.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP1480 | Comercialización de produtos gráficos e atención á clientela | 80 | 3 | |
1º | MP1479 | Deseño de produtos gráficos | 267 | 10 | |
1º | MP1487 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP1417 | Materiais de produción gráfica | 133 | 5 | |
1º | MP1478 | Organización dos procesos de preimpresión dixital | 373 | 14 | |
2º | MP1484 | Deseño e planificación de proxectos editoriais multimedia | 140 | 8 | |
2º | MP1483 | Deseño estrutural de envase e embalaxe | 87 | 5 | |
2º | MP1485 | Desenvolvemento e publicación de produtos editoriais multimedia | 140 | 8 | |
2º | MP1488 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP1489 | Formación en centros de traballo | 384 | ||
2º | MP1482 | Produción editorial | 105 | 6 | |
2º | MP1486 | Proxecto de deseño e edición de publicacións impresas e multimedia | 26 | ||
2º | MP1481 | Xestión da produción en procesos de edición | 105 | 6 |
Réxime de persoas adultas na modalidade presencial
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial. Curso 2023-2024.
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).