SARG01

 

SARG01 - Deseño e xestión da produción gráfica

Ciclo formativo
Familia: Artes gráficas
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SARG01
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Deseñar e desenvolver proxectos gráficos, elaborar orzamentos, xestionar e supervisar a produción, e controlar o almacén de materiais e a expedición do produto á clientela, aplicando a normativa vixente e os protocolos de calidade, seguridade e prevención de riscos laborais, e asegurando a súa funcionalidade e o respecto polo ambiente.

 

En que ámbitos se traballa?
Empresas de artes gráficas, en empresas de servizos gráficos integrais, en editoriais, na prensa diaria ou periódica, e en empresas dedicadas á produción de envases, embalaxes e packaging.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Deseñador/ora gráfico/a. Técnico/a en preimpresión. Técnico/a en impresión. Técnico/a de encadernación industrial. Técnico/a en procesos de transformacións de papel, cartón e outros soportes gráficos. Verificador/ora de produtos acabados de papel e cartón. Técnico/a en xestión de cor en industrias gráficas. Axudante de produción en industrias gráficas. Orzador/a de industrias gráficas. Técnico/a de oficina técnica en industrias gráficas.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP1480 Comercialización de produtos gráficos e atención á clientela 80 3
MP1479 Deseño de produtos gráficos 267 10
MP1543 Formación e orientación laboral 107 4
MP1417 Materiais de produción gráfica 133 5
MP1478 Organización dos procesos de preimpresión dixital 373 14
MP1544 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP1545 Formación en centros de traballo 384
MP1540 Organización dos procesos de impresión gráfica 227 13
MP1541 Organización dos procesos de postimpresión, transformacións e acabamentos 140 8
MP1542 Proxecto de deseño e xestión da produción gráfica 26
MP1539 Xestión da cor 70 4
MP1538 Xestión da produción na industria gráfica 140 8

Réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia

Modalidade de formación profesional dual

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Santiago de Compostela 15016000 CIFP Compostela 881866570




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).