SAGA03
SAGA03 - Gandaría e asistencia en sanidade animal
Que se aprende a facer?
Xestionar a produción gandeira e realizar traballos especializados de apoio a equipos veterinarios, programando e organizando os recursos materiais e humanos dispoñibles, e aplicando os plans de produción, calidade, sanidade e benestar animal, prevención de riscos laborais e protección ambiental, de acordo coa lexislación vixente.
En que ámbitos se traballa?
Na área de produción gandeira, como en empresas relacionadas coa cría, o adestramento, a monta e a exhibición de gando equino, por conta propia ou allea en empresas públicas ou privadas, seguindo instrucións do/a responsable da produción ou baixo a supervisión de persoal facultativo veterinario, podendo ter ao seu cargo persoal de nivel inferior. Por conta allea en institucións ou organismos que realicen actividades de xestión e control sanitario de animais, dependendo de persoal superior responsable.
Que ocupacións se desempeñan?
Encargado/a de explotación gandeira e de equipamentos gandeiros; responsable da produción en cooperativas, en sociedades agrarias, en asociacións, explotacións ou empresas gandeiras, en empresas de servizos, de inseminación artificial en explotacións gandeiras ou en centros de recollida de seme; responsable do manexo e coidados do gando e das instalacións en centros de adestramento e doma de gando equino, en escolas e clubs de equitación, en empresas relacionadas co manexo dos coidados e coa administracción de terapias en centros de pupilaxe, descanso e recuperación de gando equino; responsable xestor/ora de gandarías equinas; asesor/ora e supervisor/ora para a planificación, a montaxe e o funcionamento de empresas e entidades asociadas a eventos, demostracións ecuestres e actividades recreativas, deportivas e terapéuticas; integrante en comisións de valoración, selección e compra de gando equino; axudante de veterinaria en centros de investigación animal, en equipos veterinarios especializados en animais de granxa e produción, en explotacións e asociacións gandeiras, en agrupacións de defesa sanitaria, en empresas do sector agroalimentario e de servizos á gandaría; visitador/ora de produtos de veterinaria.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP1281 | Bioseguridade | 107 | 4 | |
1º | MP1284 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP1278 | Maquinaria e instalacións gandeiras | 213 | 8 | |
1º | MP1274 | Organización e control da reprodución e cría | 213 | 8 | |
1º | MP1275 | Xestión da produción animal | 240 | 9 | |
1º | MP1276 | Xestión da recría de cabalos | 80 | 3 | |
2º | MP1280 | Asistencia á atención veterinaria | 191 | 11 | |
2º | MP1285 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP1286 | Formación en centros de traballo | 384 | ||
2º | MP1277 | Organización e supervisión da doma e manexo de équidos | 123 | 7 | |
2º | MP1283 | Proxecto de gandaría e asistencia en sanidade animal | 26 | ||
2º | MP1279 | Saneamento gandeiro | 140 | 8 | |
2º | MP1282 | Xestión de centros veterinarios | 123 | 7 |
Modalidade de formación profesional dual
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Boqueixón | 15013254 | CFEA de Sergude | 881867325 |
Melide | 15008817 | IES de Melide | 881866109 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Xinzo de Limia | 32014801 | IES Cidade de Antioquía | 988788534 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).