SAFD01
SAFD01 - Ensinanza e animación sociodeportiva
Que se aprende a facer?
Elaborar, xestionar e avaliar proxectos de animación físico-deportivos recreativos para todo tipo de persoas usuarias, programando e dirixindo as actividades de ensino, de inclusión sociodeportiva e de tempo libre, coordinando as actuacións dos/das profesionais implicados/as, garantindo a seguridade, respectando o ambiente e conseguindo a satisfacción das persoas usuarias, nos límites de custo previstos.
En que ámbitos se traballa?
No ámbito público, na Administración xeral, autonómica ou local, en entidades de carácter privado, en grandes, medianas ou pequenas empresas que ofrezan servizos de ensino deportivo, acondicionamento físico, inclusión sociodeportiva e recreación
Que ocupacións se desempeñan?
Profesor/a de actividades físico-deportivas (natación, atletismo, baloncesto, voleibol, tenis, pádel, etc.); animador/a físico-deportivo/a e recreativo/a, de actividades de inclusión sociodeportiva, de veladas e espectáculos en instalacións turísticas, e de actividades recreativas ao aire libre en instalacións turísticas; coordinador/a de actividades de animación deportiva, de actividades físico-deportivas en instalacións deportivas de empresas turísticas ou entidades públicas e privadas, de tempo libre educativo infantil e xuvenil, de campamentos, de albergues de xuventude, de casas de colonias, de granxasescola, de aulas de casas de xuventude e escolas de natureza, e de actividades paracurriculares no marco escolar; responsable de proxectos de tempo libre educativo infantil e xuvenil; director/a de tempo libre educativo infantil e xuvenil, de campamentos, de albergues de xuventude, de casas de colonias, de granxas-escola, de aulas de casas de xuventude e escolas de natureza, e de actividades paracurriculares no marco escolar; xefe/a de departamento de animación turística; cronometrador/a, xuíz/a e árbitro/a de competicións deportivas non oficiais; promotor/a deportivo/a de competicións de nivel elemental ou social e de eventos deportivos de nivel básico; monitor/a de actividades físicodeportivas e recreativas en campamentos de tempo libre; socorrista en instalacións acuáticas.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP1141 | Actividades físicodeportivas de implementos | 160 | 6 | |
1º | MP1139 | Actividades físicodeportivas individuais | 186 | 7 | |
1º | MP1145 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP1143 | Metodoloxía do ensino de actividades físicodeportivas | 107 | 4 | |
1º | MP1136 | Valoración da condición física e intervención en accidentes | 240 | 9 | |
1º | MP1138 | Xogos e actividades físicorecreativas e de animación turística | 160 | 6 | |
2º | MP1123 | Actividades de lecer e tempo libre | 156 | 9 | |
2º | MP1140 | Actividades físicodeportivas de equipo | 140 | 8 | |
2º | MP1142 | Actividades físicodeportivas para a inclusión social | 105 | 6 | |
2º | MP1124 | Dinamización grupal | 123 | 7 | |
2º | MP1146 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP1147 | Formación en centros de traballo | 384 | ||
2º | MP1137 | Planificación da animación sociodeportiva | 53 | 3 | |
2º | MP1144 | Proxecto de ensino e animación sociodeportiva | 26 |
Réxime de persoas adultas na modalidade presencial
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial. Curso 2023-2024.
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).