MTMV07
MTMV07 - Mantemento de estruturas de madeira e moblaxe de embarcacións de recreo
Que se aprende a facer?
Planificar e/ou desenvolver a actividade de mantemento de embarcacións de recreo de madeira. Localizar avarías en estruturas, cascos, cubertas e elementos interiores de embarcacións de recreo de madeira. Determinar o alcance da avaría ou a disfunción nas embarcacións de recreo de madeira. Planificar o traballo de mantemento, establecendo o procedemento que cumpra seguir, especificando os materiais ou os repostos requiridos, os equipamentos e as ferramentas necesarias, e a seguridade aplicable. Seleccionar e abastecerse de materiais, accesorios e produtos de entrada e saída no almacén. Manter en bo estado os elementos estruturais de madeira de embarcacións de recreo. Manter e, de ser o caso, modificar elementos interiores de madeira de embarcacións de recreo. Reconstruír cascos e cubertas de madeira de embarcacións de recreo, cumprindo os requisitos técnicos do fabricante e da normativa aplicable. Preparar soportes e aplicar mesturas de pintura, operando con equipamentos de acabamento requiridos. Montar e/ou adaptar mobles e elementos de carpintaría en embarcacións de recreo. Realizar o mantemento de primeiro nivel de máquinas e equipamentos de mecanizado utilizados na montaxe e no acabamento de elementos de madeira, consonte a ficha de mantemento.
En que ámbitos se traballa?
No sector de mantemento de embarcacións de recreo de madeira.
Que ocupacións se desempeñan?
Carpinteiro/a (montador/a-reparador/a de moblaxe) en embarcacións de recreo. Carpinteiro/a de ribeira (mantemento de estruturas, cascos e cubertas de embarcacións de recreo de madeira).
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0542 | Control de almacén | 53 | 2 | |
1º | MP1634 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP0538 | Materiais en carpintaría e moble | 133 | 5 | |
1º | MP0540 | Operacións básicas de carpintaría | 240 | 9 | |
1º | MP0541 | Operacións básicas de moblaxe | 240 | 9 | |
1º | MP0539 | Solucións construtivas | 187 | 7 | |
2º | MP1635 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP1636 | Formación en centros de traballo | 410 | ||
2º | MP1631 | Mantemento de cubertas e cascos de madeira en embarcacións de recreo | 105 | 6 | |
2º | MP1632 | Mantemento de elementos estruturais de madeira de embarcacións de recreo | 105 | 6 | |
2º | MP1633 | Mantemento de elementos interiores de madeira e moblaxe de embarcacións de recreo | 105 | 6 | |
2º | MP1630 | Mecanizado de elementos de carpintaría de ribeira | 157 | 9 | |
2º | MP1618 | Preparación de embarcacións de recreo para traballos de mantemento | 105 | 6 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).