MTMV03
MTMV03 - Electromecánica de maquinaria
Que se aprende a facer?
Realizar operacións de mantemento, montaxe de accesorios e transformacións nas áreas de mecánica, hidráulica, pneumática, electricidade e electrónica do sector de maquinaria agrícola, de industrias extractivas e de edificación e obra civil, axustándose a procedementos e tempos establecidos, e cumprindo as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.
En que ámbitos se traballa?
No sector de construción e mantemento de vehículos, nos subsectores de maquinaria agrícola, de industrias extractivas e de edificación e obra civil: empresas de fabricación de maquinaria agrícola, Empresas de fabricación de maquinaria de industrias extractivas e de edificación e obra civil, empresas de reparación de maquinaria agrícola, de industrias extractivas e de edificación e obra civil, empresas de montaxe e ensamblaxe de sistemas, de equipamentos e apeiros de maquinaria agrícola, de industrias extractivas e de edificación e obra civil, empresas de transformación e adaptación de maquinaria agrícola, de industrias extractivas e de edificación e obra civil, fabricación e distribución de recambios, distribución de equipamentos de diagnose.
Que ocupacións se desempeñan?
Electromecánico/a de maquinaria agrícola, electromecánico/a de máquinas de industrias extractivas, electromecánico/a de máquinas de edificación e obra civil, electromecánico/a axustador/ora de equipamentos de inxección diésel, verificador/ora de maquinaria agrícola e industrial, reparador/ora de sistemas pneumáticos e hidráulicos, reparador/ora de sistemas de transmisión e freos, reparador/ora de sistemas de dirección e suspensión, instalador/ora de accesorios, vendedor/ora distribuidor/ora de recambios e equipamentos de diagnose, operario/a de empresas dedicadas á fabricación de recambios.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0717 | Equipamentos e apeiros | 133 | ||
1º | MP0719 | Formación e orientación laboral | 107 | ||
1º | MP0260 | Mecanizado básico | 107 | ||
1º | MP0452 | Motores | 133 | ||
1º | MP0456 | Sistemas de carga e arranque | 213 | ||
1º | MP0714 | Sistemas de suspensión e guía | 267 | ||
2º | MP0718 | Circuítos eléctricos, electrónicos e de confortabilidade | 123 | ||
2º | MP0720 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | ||
2º | MP0721 | Formación en centros de traballo | 410 | ||
2º | MP0742 | Sistemas auxiliares do motor diésel | 140 | ||
2º | MP0716 | Sistemas de accionamento de equipamentos e apeiros | 157 | ||
2º | MP0715 | Sistemas de forza e detención | 157 |
Modalidade de formación profesional dual
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Verín | 32013582 | IES García-Barbón | 988685085 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Ponteareas | 36014520 | IES Plurilingüe Pedra da Auga | 886121205 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).