MTCP02
MTCP02 - Calzado e complementos de moda
Que se aprende a facer?
Realizar as operacións de corte de peles e materiais para a ensamblaxe, a montaxe e o acabamento, de xeito industrial e á medida, de calzado estándar, ortopédico e para espectáculos, e de complementos de moda.
En que ámbitos se traballa?
Empresas e talleres de fabricación industrial de calzado e artigos de marroquinaría dedicadas á preparación, o corte de materiais, a ensamblaxe, a montaxe e o acabamento de calzado e complementos de moda. De igual modo, pode exercer a súa actividade en establecementos dedicados á elaboración artesanal de calzado á medida, ortopédico e para o espectáculo.
Que ocupacións se desempeñan?
Cortador/a de pel e coiro, cortador/a de pezas para aparaxe e montaxe de calzado, cortador/a de marroquinaría e luvas en pel e coiro, operador/a de máquinas cortadoras de pezas de calzado, cortador/a á man, cortador/a con máquina, operador/a de máquinas de preensamblaxe, operador/a de máquinas de montar, aformar e outras, operador/a de máquina de vulcanización de pisos de calzado, operador/a de máquinas de inxección de pisos de calzado, operador/a de máquinas de acabado de calzado, operador/a de máquinas para fabricar artigos de marroquinaría, operador/a de máquina industrial de coser, opera-dor/a de máquina industrial de bordar (unicabezal e multicabezal), operador/a de máquina de acolchado, operador/a de máquinas de acabamento, montador/a de calzado a máquina, montador/a de calzado á man, zapateiro/a de calzado á medida, e zapateiro/a ortopedista, e almacenista.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0269 | Confección industrial | 266 | ||
1º | MP0267 | Corte de materiais | 213 | ||
1º | MP0608 | Formación e orientación laboral | 107 | ||
1º | MPI011 | Lingua estranxeira profesional I | 53 | ||
1º | MP0275 | Materiais téxtiles e pel | 187 | ||
1º | MP0604 | Montaxe e acabamento de calzado | 134 | ||
2º | MP0611 | Calzado e tendencias | 70 | ||
2º | MP0609 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | ||
2º | MP0610 | Formación en centros de traballo | 410 | ||
2º | MPI012 | Lingua estranxeira profesional II | 53 | ||
2º | MP0603 | Montaxe e acabamento de artigos de marroquinaría | 87 | ||
2º | MP0116 | Principios de mantemento electromecánico | 105 | ||
2º | MP0605 | Procesos de elaboración de calzado á medida | 53 | ||
2º | MP0606 | Técnicas de fabricación de calzado á medida e ortopédico | 139 | ||
2º | MP0607 | Transformación de calzado para espectáculos | 70 |
Modalidade de formación profesional dual
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Monforte de Lemos | 27015311 | IES A Pinguela | 982828051 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).