MSEA01
MSEA01 - Emerxencias e protección civil
Que se aprende a facer?
Intervir operativamente, cumprindo coas normas de seguridade, en emerxencias provocadas por sucesos ou catástrofes orixinadas por riscos diversos, en áreas tanto rurais e forestais como urbanas, realizando as actividades de control, mitigación e extinción dos axentes causantes deses sucesos (lume, avenidas de auga, substancias NBQ, etc.), o rescate, o salvamento e a atención como primeiro interveniente das persoas afectadas e a rehabilitación de emerxencia das zonas ou os bens abranguidos, mantendo operativos os vehículos, os equipamentos, as máquinas e as ferramentas de intervención, así como organizar os equipos e as unidades baixo a súa responsabilidade, é contribuír á divulgación e ao cumprimento dos principios e as normas de protección civil, aplicando a normativa vixente.
En que ámbitos se traballa?
No sector de servizos de prevención e extinción de incendios forestais e apoio en continxencias do medio natural e rural e Protección Civil, así como nos servizos públicos estatais, autonómicos e locais de atención de emerxencias e os corpos de bombeiros, desenvolvendo a súa actividade como traballador/a dependente das administracións públicas ou en empresas privadas dedicadas a traballos agroforestais e ambientais, en servizos de bombeiros/as dedicados á prevención de incendios e mantemento, e en sectores industriais dedicados á produción, á distribución, á fabricación e ao almacenamento de produtos e substancias perigosas, podendo exercer accións de colaboración internacional.
Que ocupacións se desempeñan?
Capataz ou encargado/a de extinción de incendios forestais, bombeiro/a forestal, de servizos municipais, provinciais, mancomunados, consorciados, autonómicos ou doutros servizos en entes públicos. Técnico/a en emerxencias das Forzas Armadas. Bombeiro/a de aeroportos ou de empresa privada.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0058 | Apoio psicolóxico en situacións de emerxencia | 53 | 2 | |
1º | MP0055 | Atención sanitaria inicial en situacións de emerxencia | 266 | 10 | |
1º | MP1535 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP1532 | Intervención operativa en actividades de salvamento e rescate | 214 | 8 | |
1º | MP1530 | Intervención operativa en extinción de incendios urbanos | 187 | 7 | |
1º | MP1528 | Mantemento e comprobación do funcionamento dos medios materiais empregados na prevención de riscos de incendios e emerxencias | 133 | 5 | |
2º | MP1534 | Coordinación de equipos e unidades de emerxencias | 104 | 6 | |
2º | MP1536 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP1537 | Formación en centros de traballo | 410 | ||
2º | MP1533 | Inspección de establecementos, eventos e instalacións para a prevención de incendios e emerxencias | 70 | 4 | |
2º | MP1531 | Intervención operativa en sucesos de orixe natural, tecnolóxica e antrópica | 193 | 11 | |
2º | MP1529 | Vixilancia e intervención operativa en incendios forestais | 210 | 12 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).