MMAM03

 

MMAM03 - Procesamento e transformación da madeira

Ciclo formativo
Familia: Madeira, moble e cortiza
Sistema educativo: LOE
Grao: medio
Horas: 2000
Código: MMAM03
Documentación: RD

Que se aprende a facer?
Realizar o despezamento da madeira, realizando operacións de serrado, secado e acabamento, aplicando tratamentos preventivos e curativos segundo proceda, así como fabricar taboleiros de partículas e fibras e outros produtos de transformación da madeira, utilizando os métodos e os equipamentos específicos, de acordo cos procedementos e coa calidade requirida, e nas condicións de seguridade, saúde laboral e protección ambiental.

 

En que ámbitos se traballa?
En empresas que se dedican ao procesamento da madeira, nos subsectores de primeiras e segundas transformacións e en novos usos da madeira que se orixinan co auxe da bioeconomía, a economía circular, a transformación dixital da industria da madeira e as melloras tecnolóxicas introducidas en produtos e procesos. Este/a profesional pode exercer a súa actividade por conta propia ou allea, en serradoiros, almacéns de madeira, fábricas de taboleiros, fábricas de elementos de carpintaría e moble, envases, embalaxes e elementos construtivos ou mecanizado, e en empresas dedicadas aos tratamentos preventivos e curativos e acabamentos da madeira ou ao ecodeseño, entre outras.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Serrador/a da madeira; manipulador/a de madeira en rolo; operador/a de máquinas tronzadoras de madeira; operador/a de máquinas descortizadoras de madeira; operador/a de serradoiros, en xeral; operario/a de máquinas trituradoras de madeira; operario/a de máquinas para fabricar aglomerados; operador/a de serradoiros, de máquinas de fabricación de taboleiros e de instalacións afíns para o tratamento da madeira; operario/a de trens mecanizados de taboleiros aglomerados; operario/a de máquinas cortadoras de melamina; operario/a de máquinas melaminizadoras; operador/a de máquinas fixas para fabricar produtos de madeira; impregnador/a de madeira; traballador/a do tratamento de madeira en xeral; operario/a de secado e tratamento de madeira; operario/a de máquina impregnadora de madeira; operario/a de instrumental de tratamento de madeira en xeral; operario/a de fornos autoclaves (tratamentos químicos e afíns); encargado/a de taller de tratamento de madeira; condutor/a-operario/a de vehículos de transporte de madeiros; vernizador/a, aplicador/a de tinguiduras, fondos e acabamentos, con medios manuais e mecánicos (pistolas, máquinas de vernizar, equipamentos electrostáticos); responsable de sección de acabamentos.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP1644 Formación e orientación laboral 107 4
MPI013 Lingua estranxeira profesional I 53 2
MP0538 Materiais en carpintaría e moble 133 5
MP1638 Serrado e despezamento da madeira 374 14
MP1639 Tratamentos da madeira 293 11
MP1641 Acabamentos de taboleiros 123 7
MP1643 Automatización do mecanizado da madeira 140 8
MP1645 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP1640 Fabricación de taboleiros 191 11
MP1646 Formación en centros de traballo 410
MPI014 Lingua estranxeira profesional II 53 3
MP1637 Recepción e almacén en industrias da madeira 70 4




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).