mina01

 

MINA01 - Panadaría, repostaría e confeitaría

Ciclo formativo
Familia: Industrias alimentarias
Sistema educativo: LOE
Grao: medio
Horas: 2000
Código: MINA01
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Elaborar e presentar produtos de panadaría, repostaría e confeitaría, conducindo as operacións de produción, composición e decoración, en obradoiros e establecementos de restauración, con aplicación da lexislación vixente de hixiene e seguridade alimentaria, de protección ambiental e de prevención de riscos laborais.

 

En que ámbitos se traballa?
En obradoiros artesanais ou semiindustriais que elaboran produtos de panadaría, pastelaría e confeitaría, así como no sector de hostalaría, subsector de restauración, e como elaboradores ou elaboradoras por conta propia ou por conta allea. Tamén exercen a súa actividade no sector do comercio da alimentación en establecementos que elaboran e venden produtos de panadaría, pastelaría e repostaría.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Panadeiro/a, elaborador/a de bolaría, elaborador/a de masas e bases de pizza, pasteleiro/a, elaborador/a e decorador/a de pasteis, confeiteiro/a, reposteiro/a, turroneiro/a, elaborador/a de caramelos e doces, elaborador/a de produtos de cacao e chocolate, churreiro/a, galleteiro/a, elaborador/a de sobremesas en restauración.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0025 Elaboracións de panadaría e bolaría 347 13
MP0033 Formación e orientación laboral 107 4
MP0024 Materias primas e procesos en panadaría, pastelaría e repostaría 133 5
MP0030 Operacións e control de almacén na industria alimentaria 80 3
MP0026 Procesos básicos de pastelaría e repostaría 240 9
MP0031 Seguridade e hixiene na manipulación de alimentos 53 2
MP0027 Elaboracións de confeitaría e outras especialidades 192 11
MP0034 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0035 Formación en centros de traballo 410
MP0032 Presentación e venda de produtos de panadaría e pastelaría 70 4
MP0029 Produtos de obradoiro 175 10
MP0028 Sobremesas en restauración 140 8

Modalidade de formación profesional dual

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Coruña, A 15027897 CIFP Paseo das Pontes 881961030




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).