MIMS01
MIMS01 - Vídeo disc-jockey e son
Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en realizar sesións de animación musical e visual en vivo e en directo, e efectuar a captación, a mestura directa, a gravación e a reprodución de son en calquera tipo de proxectos sonoros.
En que ámbitos se traballa?
As persoas que obteñan este título han exercer a súa actividade no ámbito do son para producións de cine, vídeo, televisión, multimedia, radio, industria discográfica, espectáculos e instalacións fixas de sonorización, en grandes, medianas e pequenas empresas, públicas ou privadas, en televisións, produtoras de cine e vídeo, emisoras de radio, produtoras discográficas, empresas de dobraxe, empresas de sonorización e produtoras de espectáculos, e en empresas dedicadas á produción de eventos musicais públicos, tales como bares musicais, discotecas, salas de festa, salas de baile, salas de concertos ou festivais, así como en eventos non estritamente musicais, tales como desfiles de moda, presentacións publicitarias ou feiras de mostras, e en grandes, medianas e pequenas empresas, por conta propia ou allea, dedicadas ao tratamento dixital de imaxes.
Que ocupacións se desempeñan?
Axudante de son en televisión; microfonista de cine e vídeo; microfonista de concertos musicais; microfonista de espectáculos escénicos; axudante de montaxe de son en cine; disc-jockey; vídeo-jockey; vídeo disc-jockey; light-jockey; retocador fotográfico dixital.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP1299 | Captación e gravación de son | 213 | 8 | |
1º | MP1305 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP1298 | Instalación e montaxe de equipamentos de son | 213 | 8 | |
1º | MP1301 | Preparación de sesións de vídeo disc-jockey | 187 | 7 | |
1º | MP1304 | Toma e edición dixital de imaxe | 240 | 9 | |
2º | MP1302 | Animación musical en vivo | 210 | 12 | |
2º | MP1303 | Animación visual en vivo | 210 | 12 | |
2º | MP1300 | Control, edición e mestura de son | 157 | 9 | |
2º | MP1306 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP1307 | Formación en centros de traballo | 410 |
Réxime de persoas adultas na modalidade presencial
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial. Curso 2023-2024.
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).