MIMP02
MIMP02 - Peiteado e cosmética capilar
Que se aprende a facer?
Realizar o coidado e o embelecemento do cabelo, a estética de mans e pés e o estilismo masculino, así como comercializar servizos e venda de cosméticos, cumprindo os protocolos de calidade, prevención de riscos laborais e protección ambiental.
En que ámbitos se traballa?
En empresas de imaxe persoal dedicadas aos procesos de peiteado de uso social, onde desenvolve tarefas de prestación de servizos, comercialización, aprovisionamento,calidade, protección fronte a riscos e control de efluentes e residuos. Adoitan actuar por conta allea, integrándose en equipos de traballo con persoas cun nivel de cualificación igual, inferior ou superior.
Que ocupacións se desempeñan?
Peiteador/ora, barbeiro/a, técnico/a en coloracións capilares, técnico/a en cambios de forma do cabelo, técnico/a en corte de cabelo, técnico/a en postizaría, técnico/a enmanicura, técnico/a en pedicura, técnico/a ou axente comercial de empresas do sector,recepcionista en empresas de peiteado, demostrador/ora de equipamentos, cosméticos e técnicas de peiteado.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0849 | Análise capilar | 107 | 4 | |
1º | MP0844 | Cosmética para peiteado | 160 | 6 | |
1º | MP0636 | Estética de mans e pés | 107 | 4 | |
1º | MP0851 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP0640 | Imaxe corporal e hábitos saudables | 133 | 5 | |
1º | MP0848 | Peiteado e estilismo masculino | 80 | 3 | |
1º | MP0842 | Peiteados e recollidos | 266 | 10 | |
2º | MP0846 | Cambios de forma permanente do cabelo | 87 | 5 | |
2º | MP0843 | Coloración capilar | 210 | 12 | |
2º | MP0852 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP0853 | Formación en centros de traballo | 410 | ||
2º | MP0643 | Márketing e venda en imaxe persoal | 70 | 4 | |
2º | MP0845 | Técnicas de corte do cabelo | 210 | 12 |
Réxime de persoas adultas na modalidade presencial
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial. Curso 2023-2024.
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).