MIMP01
MIMP01 - Estética e beleza
Que se aprende a facer?
Aplicar técnicas de embelecemento persoal e comercializar servizos de estética, cosméticos e perfumes, cumprindo os procedementos de calidade e os requisitos de prevención de riscos laborais e protección ambiental establecidos na normativa.
En que ámbitos se traballa?
En medianas e pequenas empresas que teñen relación directa coa imaxe persoal, nomeadamente en establecementos do sector de servizos de estética e peiteado, e en xeral en establecementos relacionados coa venda de produtos de imaxe persoal, así como coa cosmética, desempeñando tarefas de execución de maquillaxe social, depilación mecánica, tratamentos básicos de hixiene, hidratación facial e corporal, estética de mans e pés, asesoramento sobre perfumes e cosmética natural, así como a comercialización dos produtos e os servizos estéticos, ofrecendo un servizo de atención á clientela da empresa. Podería ser persoal traballador por conta propia efectuando a organización da súa propia empresa.
Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a esteticista en centros de beleza e gabinetes de estética, maquillador/ora, técnico/a en uñas artificiais, técnico/a en depilación, técnico/a en manicura e pedicura, recepcionista en empresas estéticas, demostrador/ora de equipamentos, cosméticos e técnicas estéticas, axente comercial en empresas do sector, asesor/ora vendedor/ora en perfumarías e drogarías.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0638 | Análise estética | 107 | 4 | |
1º | MP0641 | Cosmetoloxía para estética e beleza | 160 | 6 | |
1º | MP0636 | Estética de mans e pés | 107 | 4 | |
1º | MP0644 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP0640 | Imaxe corporal e hábitos saudables | 133 | 5 | |
1º | MP0634 | Maquillaxe | 160 | 6 | |
1º | MP0633 | Técnicas de hixiene facial e corporal | 186 | 7 | |
2º | MP0639 | Actividades en cabina de estética | 157 | 9 | |
2º | MP0635 | Depilación mecánica e descoloración da peluxe | 140 | 8 | |
2º | MP0645 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP0646 | Formación en centros de traballo | 410 | ||
2º | MP0643 | Márketing e venda en imaxe persoal | 70 | 4 | |
2º | MP0642 | Perfumaría e cosmética natural | 105 | 6 | |
2º | MP0637 | Técnicas de uñas artificiais | 105 | 6 |
Réxime de persoas adultas na modalidade presencial
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial. Curso 2023-2024.
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).