MIMA03
MIMA03 - Mantemento electromecánico
Que se aprende a facer?
Montar e manter maquinaria e equipamento industrial e liñas automatizadas de produción, de acordo coas normas e os regulamentos establecidos, seguindo os protocolos de calidade, de seguridade e de prevención de riscos laborais e respecto polo ambiente.
En que ámbitos se traballa?
En empresas, maioritariamente privadas, dedicadas á montaxe e ao mantemento ou instalacións de maquinaria, equipamento industrial e liñas automatizadas, por conta propia ou allea.
Que ocupacións se desempeñan?
Mecánico/a de mantemento; montador/ora industrial; montador/ora de equipamentos eléctricos; montador/ora de equipamentos electrónicos; mantedor/ora de liña automatizada; montador/ora de bens de equipamento; montador/ora de automatismos pneumáticos e hidráulicos; instalador/ora electricista industrial; electricista de mantemento e reparación de equipamentos de control, medida e precisión.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0952 | Automatismos pneumáticos e hidráulicos | 240 | 9 | |
1º | MP0951 | Electricidade e automatismos eléctricos | 240 | 9 | |
1º | MP0956 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP0949 | Técnicas de fabricación | 240 | 9 | |
1º | MP0950 | Técnicas de unión e montaxe | 133 | 5 | |
2º | MP0957 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP0958 | Formación en centros de traballo | 410 | ||
2º | MP0955 | Montaxe e mantemento de liñas automatizadas | 175 | 10 | |
2º | MP0954 | Montaxe e mantemento eléctrico-electrónico | 192 | 11 | |
2º | MP0953 | Montaxe e mantemento mecánico | 210 | 12 |
Réxime de persoas adultas na modalidade presencial
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial. Curso 2023-2024.
Modalidade de formación profesional dual
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Carballo | 15002591 | IES Monte Neme | 881960050 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Vigo | 36011634 | IES Politécnico de Vigo | 986213025 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).