MIMA02

 

MIMA02 - Instalacións de produción de calor

Ciclo formativo
Familia: Instalación e mantemento
Sistema educativo: LOE
Grao: medio
Horas: 2000
Código: MIMA02
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en montar e manter instalacións caloríficas, solares térmicas e de fluídos aplicando a normativa e protocolos de calidade, de seguridade e de prevención de riscos laborais establecidos, asegurando a súa funcionalidade e o respecto polo ambiente.

 

En que ámbitos se traballa?
Este profesional exerce a súa actividade nas industrias de montaxe e mantemento de instalacións térmicas e de fluídos relacionadas cos subsectores de calefacción, instalacións solares térmicas para a produción de auga quente sanitaria e gases no sector industrial e no sector de edificación e obra civil.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Instalador/ora mantedor/ora de equipamentos de produción de calor; instalador/ora mantedor/ora de instalacións de calefacción e AQS; instalador/ora mantedor/ora de instalacións solares térmicas; instalador/ora mantedor/ora de instalacións de auga; instalador/ora mantedor/ora de instalacións de gas e combustibles líquidos.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0266 Configuración de instalacións caloríficas 107 4
MP0394 Formación e orientación laboral 107 4
MP0038 Instalacións eléctricas e automatismos 266 10
MP0036 Máquinas e equipamentos térmicos 240 9
MP0037 Técnicas de montaxe de instalacións 240 9
MP0395 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0396 Formación en centros de traballo 410
MP0302 Montaxe e mantemento de instalacións caloríficas 192 11
MP0310 Montaxe e mantemento de instalacións de auga 175 10
MP0392 Montaxe e mantemento de instalacións de enerxía solar 87 5
MP0393 Montaxe e mantemento de instalacións de gas e combustibles líquidos 123 7

Réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia

Modalidade de formación profesional dual

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Fene 15032081 IES de Fene 881938280
Ribeira 15014556 CIFP Coroso 881866874




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).