MIMA01
MIMA01 - Instalacións frigoríficas e de climatización
Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en montar e manter instalacións frigoríficas, de climatización e de ventilación aplicando a normativa e os protocolos de calidade, de seguridade e de prevención de riscos laborais establecidos, de xeito que se asegure a súa funcionalidade e o respecto polo ambiente.
En que ámbitos se traballa?
Este profesional exerce a súa actividade nas empresas de montaxe e mantemento de instalacións térmicas e de fluídos relacionadas cos subsectores do frío comercial, do frío industrial e da climatización, tanto no sector de edificación e obra civil como no industrial.
Que ocupacións se desempeñan?
Instalador/ora frigorista en instalacións comerciais; mantedor/ora frigorista en instalacións comerciais; instalador/ora frigorista en procesos industriais; mantedor/ora frigorista en procesos industriais; instalador/ora ou montador/ora de equipamentos de climatización, ventilación e extracción, redes de distribución e equipamentos terminais; mantedor/ora ou reparador/ora de equipamentos de climatización, ventilación e extracción, redes de distribución e equipamentos terminais.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0039 | Configuración de instalacións de frío e climatización | 107 | 4 | |
1º | MP0043 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP0038 | Instalacións eléctricas e automatismos | 266 | 10 | |
1º | MP0036 | Máquinas e equipamentos térmicos | 240 | 9 | |
1º | MP0037 | Técnicas de montaxe de instalacións | 240 | 9 | |
2º | MP0044 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP0244 | Formación en centros de traballo | 410 | ||
2º | MP0040 | Montaxe e mantemento de equipamentos de refrixeración comercial | 157 | 9 | |
2º | MP0042 | Montaxe e mantemento de instalacións de climatización, ventilación e extracción | 210 | 12 | |
2º | MP0041 | Montaxe e mantemento de instalacións frigoríficas industriais | 210 | 12 |
Réxime de persoas adultas na modalidade presencial
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial. Curso 2023-2024.
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).