MIEX02
MIEX02 - Escavacións e sondaxes
Que se aprende a facer?
Realizar a perforación subterránea e a ceo aberto utilizando as técnicas, os medios e os recursos propios de perforación. Practicar voaduras de xeito simulado conforme as instrucións e a documentación técnica recibidas, preparando, cargando e iniciando os explosivos inertes. Realizar o sostemento en escavacións subterráneas preparando e colocando cadros, tesoiras, ancoraxes, porlóns de ancoraxe e demais sistemas para o efecto. Realizar a estabilización de noiros en escavacións a ceo aberto, preparando e colocando os sistemas para o efecto. Realizar proxeccións de formigóns aplicando as técnicas e os recursos necesarios. Practicar sondaxes, logo de preparar e acondicionar os equipamentos adecuados a cada operación. Recoller testemuñas e tomar mostras realizando ensaios e medicións xeotécnicas e hidroxeolóxicas in situ e no laboratorio. Montar e manter instalacións, máquinas e equipamentos realizando as operacións de verificación, axuste e substitución dos seus elementos, e restituír o seu funcionamento en condicións de calidade, seguridade e respecto polo ambiente. Realizar a escavación de espazos subterráneos utilizando os sistemas mecanizados de arranque selectivo do material, para a extracción de recursos minerais ou para a construción de obras subterráneas. Manexar maquinaria de escavación e de movemento de terras a ceo aberto seguindo as especificacións técnicas, en condicións de seguridade e eficiencia.
En que ámbitos se traballa?
Este profesional exerce a súa actividade en empresas de extracción ou investigación mineira, hidroxeolóxica e xeotécnica, empresas construtoras, empresas de movemento de terras, consultorías xeotécnicas, e empresas de sondaxes, perforacións, escavacións e movementos de terra.
Que ocupacións se desempeñan?
Mineiro/a; Condutor/a operador/a de maquinaria de movemento de terras, extracción e escavación; Condutor/a operador/a de pa cargadora de interior; Operador/a de maquinaria de perforación e escareado; Operador/a de maquinaria perforadora de pozos; Operador/a de maquinaria de arranque, rozadoras e cepillos. Artilleiro/a; Esteador/a; Barrenista; Picador/a de minas; Electromecánico/a de minas; Sondista de prospección mineira e xeotécnica; Técnico/a de prospeccións e sondaxes.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP1078 | Estabilización de noiros | 133 | 5 | |
1º | MP1082 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MPI021 | Lingua estranxeira profesional I | 53 | 2 | |
1º | MP1081 | Operacións e manexo de maquinaria de escavación | 160 | 6 | |
1º | MP0847 | Sondaxes | 187 | 7 | |
1º | MP1031 | Técnicas de voaduras | 160 | 6 | |
1º | MP0850 | Traballos xeotécnicos | 160 | 6 | |
2º | MP1083 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP1079 | Escavacións con arranque selectivo | 105 | 6 | |
2º | MP1084 | Formación en centros de traballo | 410 | ||
2º | MPI022 | Lingua estranxeira profesional II | 53 | 3 | |
2º | MP1080 | Operacións de carga e transporte en escavacións | 175 | 10 | |
2º | MP0881 | Perforacións | 157 | 9 | |
2º | MP1077 | Sostemento | 87 | 5 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).