MIEX01

 

MIEX01 - Pedra natural

Ciclo formativo
Familia: Industrias extractivas
Sistema educativo: LOE
Grao: medio
Horas: 2000
Código: MIEX01
Documentación: RD

Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en extraer e elaborar pedra natural segundo as técnicas e os procesos establecidos, así como en colocala e restaurala, manexando e mantendo ferramentas e maquinaria, e cumprindo as especificacións de calidade, seguridade laboral e protección ambiental.

 

En que ámbitos se traballa?
As persoas que obteñan este título han exercer a súa actividade profesional como autónomas ou por conta allea en empresas xeralmente privadas, de tamaño pequeno, mediano ou grande, de pedra natural ou de construción. Así mesmo, poden exercer a súa actividade en talleres de carácter artesanal e artístico, e desenvolven funcións de carácter técnico, cumprindo ordes e logrando obxectivos marcados por persoal técnico dun nivel superior, de quen reciben instrucións e a quen informan.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Canteiro; operador de maquinaria de arranque e conformación de bloques; elaborador de cantaría; operador de maquinaria de control numérico de pedra natural; operador torneiro-fresador de pedra; operador de máquina cortadora de pedra natural; operador de máquinas para elaborar pezas; operador de máquina para labrar pedra; operador de máquina puidora de rochas; operador de máquina para tratamento superficial físico de pedra; tallista, labrador e fendedor de pedra natural; operador de tratamentos químicos para pedra; embalador, empaquetador e etiquetador; colocador de conxuntos artesanais de pedra natural; colocador de placas; colocador de fachadas ventiladas; puidor e abrilantador de chans; marmorista da construción; traballador cualificado en mantemento e restauración de pedra natural; traballador especialista na realización de patróns, moldes, modelos e maquetas para traballos de pedra natural.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0892 Coñecemento e extracción de pedra 133 5
MP0887 Corte de bloques 107 4
MP0889 Elaboración de pezas 187 7
MP0897 Formación e orientación laboral 107 4
MPI017 Lingua estranxeira profesional I 53 2
MP0890 Modelos en obras de pedra 160 6
MP0896 Montaxe de pedra natural 213 8
MP0891 Comercialización de obras de pedra 70 4
MP0898 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0899 Formación en centros de traballo 410
MPI018 Lingua estranxeira profesional II 53 3
MP0894 Restauración de pedra natural 140 8
MP0893 Talla e montaxe de pedra natural 156 9
MP0895 Tecnoloxías de mecanizado en piedra natural 105 6
MP0888 Tratamentos superficiais 53 3

Modalidade de formación profesional dual

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Porriño, O 36019529 IES Ribeira do Louro 986333956




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).