MFME01
MFME01 - Mecanizado
Que se aprende a facer?
Executar os procesos de mecanizado por arranque de labra, conformado e procedementos especiais, preparando e programando as máquinas ferramenta, operando con elas e verificando o produto obtido, conforme as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.
En que ámbitos se traballa?
En industrias transformadoras de metais relacionadas cos subsectores de construción de maquinaria e equipamento mecánico, de material e equipamento eléctrico, electrónico e óptico, e de material de transporte encadrado no sector industrial.
Que ocupacións se desempeñan?
Axustador/a operario/a de máquinas ferramenta, pulidor/a de metais e afiador/a de ferramentas, operador/a de máquinas para traballar metais, operador/a de máquinas ferramenta, operador/a de robots industriais, traballadores e traballadoras da fabricación de ferramentas, mecánicos/as e axustadores/as, modelistas matriceiros/as e asimilados. Torneiro/a, fresador/a e mandrinador/a.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0004 | Fabricación por arranque de labra | 400 | 15 | |
1º | MP0008 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP0007 | Interpretación gráfica | 133 | 5 | |
1º | MP0001 | Procesos de mecanizado | 160 | 6 | |
1º | MP0005 | Sistemas automatizados | 160 | 6 | |
2º | MP0009 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP0003 | Fabricación por abrasión, electroerosión, corte e conformado, e por procesos especiais | 140 | 8 | |
2º | MP0010 | Formación en centros de traballo | 410 | ||
2º | MP0002 | Mecanizado por control numérico | 314 | 18 | |
2º | MP0006 | Metroloxía e ensaios | 123 | 7 |
Réxime de persoas adultas na modalidade presencial
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial. Curso 2023-2024.
Modalidade de formación profesional dual
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Coruña, A | 15024513 | CIFP Someso | 881880001 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Vigo | 36024525 | CIFP de Coia | 886110905 |
Modalidade de formación profesional dual (con oferta parcial doutros ciclos)
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual, con oferta parcial doutros ciclos formativos. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Pontenova, A | 27016297 | IES Enrique Muruais | 982870033 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).