MEOC01
MEOC01 - Construción
Que se aprende a facer?
Executar obras de albanelaría e de formigón, cumprindo as condicións e os prazos establecidos, así como as prescricións de calidade, de seguridade e ambientais,organizando, controlando e valorando os traballos.
En que ámbitos se traballa?
Exércese a actividade no sector da construción, en pequenas, medianas e grandes empresas construtoras, e en Administracións públicas, por conta allea ou por conta propia,desenvolvendo traballos de albanelaría e/ou de formigón para a construción, a rehabilitación, o mantemento e a reforma en edificación e obra civil.
Que ocupacións se desempeñan?
Xefe/a de equipo de fábricas de albanelaría; xefe/a de equipo de albaneis de urbanización;xefe/a de equipo de encofrado; xefe/a de equipo de ferralla; xefe/a de taller de ferralla;xefe/a de equipo de albaneis de cubertas; xefe/a de equipo e/ou encargado/a de azulexadores/as e solladores/as; albanel; colocador/ora de ladrillo cara vista; colocador/ora de bloque prefabricado; albanel tabiqueiro; albanel de pedra de construción; cachoteiro/a;oficial de miras; albanel de urbanización; pavimentador/ora con lastros; pavimentador/ora con baldosas e lousas; pavimentador/ora á base de formigón; poceiro/a en redes de saneamento; encofrador/ora; encofrador/ora de edificación; encofrador/ora de obra civil;ferrallista; albanel de cubertas; tellador/ora; montador/ora de tella; operario/a de lousa;colocador/ora de lousa; montador/ora de cubertas de paneis e chapas; aplicador/ora de revestimentos continuos de fachadas; azulexador/ora sollador/ora; instalador/ora de sistemas de impermeabilización en edificios e obra civil; impermeabilizador/ora de terrazas.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0995 | Construción | 133 | 5 | |
1º | MP0999 | Encofrados | 160 | 6 | |
1º | MP0997 | Fábricas | 160 | 6 | |
1º | MP1006 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP1000 | Formigón armado | 133 | 5 | |
1º | MP0996 | Interpretación de planos de construción | 107 | 4 | |
1º | MP0998 | Revestimentos | 160 | 6 | |
2º | MP1004 | Cubricións | 140 | 8 | |
2º | MP1343 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP1344 | Formación en centros de traballo | 410 | ||
2º | MP1005 | Impermeabilizacións e illamentos | 53 | 3 | |
2º | MP1002 | Obras de urbanización | 105 | 6 | |
2º | MP1001 | Organización de traballos de construción | 87 | 5 | |
2º | MP1003 | Solados, azulexados e chapados | 192 | 11 |
Réxime de persoas adultas na modalidade presencial
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial. Curso 2023-2024.
Modalidade de formación profesional dual
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Coruña, A | 15024513 | CIFP Someso | 881880001 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Lugo | 27006516 | CIFP Politécnico de Lugo | 982220328 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Poio (San Salvador) | 36025219 | CIFP de Cantería de Galicia | 886152111 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).