MENA01
MENA01 - Redes e estacións de tratamento de augas
Que se aprende a facer?
Realizar a montaxe, a operación e o mantemento de redes de auga, así como operar e manter os equipamentos e as instalacións de estacións de tratamento de augas, aplicando a normativa vixente e protocolos establecidos de calidade, de seguridade e de prevención de riscos laborais, e asegurando a súa funcionalidade e o respecto polo ambiente.
En que ámbitos se traballa?
Na Administración e en empresas dedicadas a realizar a montaxe, a operación e o mantemento de redes de abastecemento, saneamento e interiores de edificios, así como en empresas do sector de tratamento e de potabilización da auga, e do sector da depuración de augas residuais.
Que ocupacións se desempeñan?
Montador/a de redes de abastecemento e distribución de auga; montador/a de redes e instalacións de saneamento; montador/a de redes de auga; montador/a de redes de saneamento; operador/a de planta de tratamento de auga de abastecemento; operador/a de planta de tratamento de augas residuais; técnico/a de planta de tratamento de augas residuais; operador/a en instalacións de incineración e de tratamento de augas, e outros/as operadores/as de planta; montador/a de instalacións de auga en edificios.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP1564 | Calidade da auga | 107 | ||
1º | MP1570 | Formación e orientación laboral | 107 | ||
1º | MP1567 | Hidráulica e redes de auga | 80 | ||
1º | MP1559 | Implantación en redes de auga | 107 | ||
1º | MP1561 | Instalacións eléctricas en redes de auga | 133 | ||
1º | MP1566 | Mantemento de equipamentos e instalacións | 107 | ||
1º | MP1563 | Montaxe e posta en servizo de redes de auga | 186 | ||
1º | MP1562 | Técnicas de mecanizado e unión | 133 | ||
2º | MP1565 | Construción en redes e estacións de tratamento de auga | 209 | ||
2º | MP1569 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | ||
2º | MP1560 | Estacións de tratamento de augas | 123 | ||
2º | MP1571 | Formación en centros de traballo | 410 | ||
2º | MP1568 | Mantemento de redes | 70 | ||
2º | MP0310 | Montaxe e mantemento de instalacións de auga | 175 |
Modalidade de formación profesional dual
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Culleredo | 15005749 | CIFP Universidade Laboral | 881960820 |
Ferrol | 15006754 | CIFP Ferrolterra | 981333107 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).