MELE50
MELE50 - Implementación de redes 5G
Que se aprende a facer?
implementar e manter a infraestrutura das redes 5 G e os equipos de interconexión que residen nos centros de datos aplicando a normativa e regulamentación vixente, os protocolos de calidade, privacidade, seguridade dixital e riscos laborais, asegurando a súa funcionalidade e respecto ao medio ambiente.
En que ámbitos se traballa?
Organizacións dos sectores da Economía e a Industria dixital, cuxas actividades teñan unha tendencia á instalación e mantemento das redes 5G.
Que ocupacións se desempeñan?
Técnico instalador en infraestruturas de redes 5G, técnico mantedor en infraestruturas de redes 5G, operador en remoto de interconexións de redes 5G, técnico Instalador de dispositivos de interconexión de redes 5G, técnico mantedor de dispositivos de interconexión de redes 5G.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP5053 | Implementación de redes 5G | 198 | 20 | |
1º | MP5054 | Mantemento de infraestruturas e redes 5G | 102 | 10 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).