MARG02

 

MARG02 - Preimpresión dixital

Ciclo formativo
Familia: Artes gráficas
Sistema educativo: LOE
Grao: medio
Horas: 2000
Código: MARG02
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Realizar as operacións de ensamblaxe para publicacións electrónicas, tratamento e compaxinación de textos e imaxes, imposición de páxinas, obtención dixital das formas impresoras e impresión con procedementos dixitais, asegurando a calidade e cumprindo a normativa de seguridade e protección ambiental.

 

En que ámbitos se traballa?
En empresas de artes gráficas, prensa, editoriais, comunicación, publicidade, servizos gráficos e de publicacións multimedia, ou en calquera sector produtivo cuxas empresas requiran un departamento de preimpresión dixital que poida ter sección de dixitalización de imaxes, realización de publicacións electrónicas, tratamento de textos e imaxes,compaxinación e maquetaxe, imposición de páxinas, obtención dixital de formas impresoras e impresión dixital.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a en preimpresión, técnico/a en tratamento de textos, técnico/a en tratamento deimaxes, maquetador/ora compaxinador/ora dixital, técnico/a en publicacións electrónicas e multimedia, preparador/ora de ficheiros dixitais, escanista especialista de cor, técnico/a en imposición dixital, operador/ora de equipamentos de filmación de computador a prancha(computer to plate - CTP), operador/ora de equipamentos de filmación de computador apantalla (computer to screen - CTS), operador/ora de equipamentos de filmación de computador a fotopolímero (computer to photopolymer - CTP), técnico en impresión dixital.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0872 Ensamblaxe de publicacións electrónicas 213 8
MP0874 Formación e orientación laboral 107 4
MP0871 Identificación de materiais en preimpresión 133 5
MP0867 Tratamento de imaxes en mapa de bits 267 10
MP0866 Tratamento de textos 240 9
MP0870 Compaxinación 228 13
MP0875 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0876 Formación en centros de traballo 410
MP0873 Ilustración vectorial 87 5
MP0868 Imposición e obtención dixital da forma impresora 105 6
MP0869 Impresión dixital 157 9

Réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).