MAGA02

 

MAGA02 - Produción agropecuaria

Ciclo formativo
Familia: Agraria
Sistema educativo: LOE
Grao: medio
Horas: 2000
Código: MAGA02
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Realizar as actividades axeitadas para a obtención de produtos e subprodutos agropecuarios atendendo a criterios de calidade e rendibilidade, realizando operacións de produción e de mantemento das instalacións e dos equipamentos, conforme a lexislación de protección ambiental, de prevención de riscos laborais, de benestar animal e de seguridade alimentaria.

 

En que ámbitos se traballa?
En empresas públicas e privadas dedicadas ao cultivo e/ou á produción gandeira, por conta allea ou por conta propia. Sitúanse dentro do sector agropecuario as seguintes actividades produtivas: explotacións frutícolas, hortícolas e de cultivos herbáceos; explotacións pecuarias; institucións de investigación e experimentación en cultivos e en produción gandeira; empresas de servizo á agricultura e á gandaría; viveiros e hortas escolares; granxas escola.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Traballador/ora cualificado/a por conta allea en cultivos e gandaría, traballador/ora cualificado/a por conta propia en cultivos e gandaría, agricultor/ora, horticultor/ora, fruticultor/ora, floricultor/ora, criador/ora de gando, avicultor/ora, apicultor/ora, produtor/ora de leite, produtor/ora de ovos, operador/ora de maquinaria agrícola e gandeira.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0480 Formación e orientación laboral 107 4
MP0404 Fundamentos agronómicos 159 6
MP0405 Fundamentos zootécnicos 160 6
MP0475 Implantación de cultivos 160 6
MP0408 Infraestruturas e instalacións agrícolas 107 4
MP0409 Principios de sanidade vexetal 107 4
MP0407 Taller e equipamentos de tracción 160 6
MP0479 Control fitosanitario 87 5
MP0481 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0482 Formación en centros de traballo 410
MP0476 Produción agrícola 193 11
MP0478 Produción de carne e outras producións gandeiras 157 9
MP0477 Produción de leite, ovos e animais para vida 140 8

Modalidade de formación profesional dual

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.

Ourense



Concello Código Centro educativo Teléfono
Xinzo de Limia 32014801 IES Cidade de Antioquía 988788534




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).