MAGA01
MAGA01 - Produción agroecolóxica
Que se aprende a facer?
Realizar as actividades axeitadas para a obtención de produtos agropecuarios ecolóxicos con técnicas agrícolas e gandeiras, para a mellora da biodiversidade e da estabilidade do medio, e da fertilidade do solo, en condicións de calidade e aplicando a regulamentación de produción ecolóxica, de benestar animal, de prevención de riscos laborais e de protec-ción ambiental.
En que ámbitos se traballa?
En empresas públicas e privadas dedicadas ao cultivo e/ou á produción gandeira ecolóxica, por conta propia ou allea. Dentro da produción agroecolóxica atopamos as seguintes actividades: explotacións frutícolas, hortícolas e de cultivos herbáceos ecolóxicos; explotacións pecuarias ecolóxicas; empresas de produción de plantas para xardinaría ecolóxica; institucións de investigación e experimentación en cultivos e en produción gandeira ecolóxica; empresas de servizo á agricultura e á gandaría ecolóxica; viveiros e hortas escolares; empresas de certificación de produtos ecolóxicos; granxas-escola e aulas de natureza.
Que ocupacións se desempeñan?
Traballador/ora cualificado/a por conta allea e por conta propia en cultivos e en gandaría ecolóxica, agricultor/ora ecolóxico/a, criador/ora de gando ecolóxico, avicultor/ora ecolóxico/a, apicultor/ora ecolóxico/a, produtor/ora de leite ecolóxico, produtor/ora de ovos ecolóxicos, viveirista ecolóxico/a, e operador/ora de maquinaria agrícola e gandeira.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0414 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP0404 | Fundamentos agronómicos | 159 | 6 | |
1º | MP0405 | Fundamentos zootécnicos | 160 | 6 | |
1º | MP0406 | Implantación de cultivos ecolóxicos | 160 | 6 | |
1º | MP0408 | Infraestruturas e instalacións agrícolas | 107 | 4 | |
1º | MP0409 | Principios de sanidade vexetal | 107 | 4 | |
1º | MP0407 | Taller e equipamentos de tracción | 160 | 6 | |
2º | MP0413 | Comercialización de produtos agroecolóxicos | 70 | 4 | |
2º | MP0415 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP0416 | Formación en centros de traballo | 410 | ||
2º | MP0412 | Manexo sanitario do agrosistema | 105 | 6 | |
2º | MP0411 | Produción gandeira ecolóxica | 210 | 12 | |
2º | MP0410 | Produción vexetal ecolóxica | 192 | 11 |
Modalidade de formación profesional dual
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Ribadeo | 27010921 | CFEA Pedro Murias | 982828550 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).