MADG01
MADG01 - Xestión administrativa
Que se aprende a facer?
Realizar actividades de apoio administrativo no ámbito laboral, contable, comercial, financeiro e fiscal. Atención á clientela ou ás persoas usuarias, en empresas públicas e privadas, aplicando a normativa e os protocolos de calidade, de xeito que se asegure a satisfacción da clientela e actuando segundo as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental.
En que ámbitos se traballa?
En calquera tipo de empresa, independentemente do seu tamaño e do sector de actividade, nomeadamente no de servizos, así como nas administracións públicas, ofrecendo apoio administrativo nas tarefas de administración e xestión das referidas empresas e institucións, e prestándolle atención á clientela e á cidadanía.
Que ocupacións se desempeñan?
Auxiliar administrativo/a, axudante de oficina, auxiliar administrativo/a de cobramentos e pagamentos, administrativo/a comercial, auxiliar administrativo/a de xestión de persoal, auxiliar administrativo/a das administracións públicas, recepcionista, empregado/a de atención á clientela, empregado/a de tesouraría e empregado/a de medios de pagamento.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0449 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP0156 | Inglés profesional | 160 | 6 | |
1º | MP0438 | Operacións administrativas da compravenda | 133 | 5 | |
1º | MP0448 | Operacións auxiliares de xestión de tesouraría | 160 | 6 | |
1º | MP0441 | Técnica contable | 133 | 5 | |
1º | MP0440 | Tratamento informático da información | 267 | 10 | |
2º | MP0437 | Comunicación empresarial e atención á clientela | 123 | 7 | |
2º | MP0439 | Empresa e administración | 123 | 7 | |
2º | MP0446 | Empresa na aula | 156 | 9 | |
2º | MP0451 | Formación en centros de traballo | 410 | ||
2º | MP0442 | Operacións administrativas de recursos humanos | 123 | 7 | |
2º | MP0443 | Tratamento da documentación contable | 105 | 6 |
Réxime de persoas adultas na modalidade presencial
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial. Curso 2023-2024.
Réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia. Curso 2023-2024.
Modalidade de formación profesional dual
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Arzúa | 15027733 | IES de Arzúa | 881866047 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Celanova | 32016625 | IES Celanova Celso Emilio Ferreiro | 988431565 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).