E3ENA005000
E3ENA005000 - LOOIFP | Auditoría enerxética
Que se aprende a facer?
Auditar e asesorar no uso e no consumo de enerxía e o custo asociado en edificios, instalacións ou operacións industriais ou comerciais, e transporte vinculado á actividade ou ao servizo privado ou público, co obxectivo de identificar e informar sobre os fluxos de enerxía e o seu potencial de mellora.
En que ámbitos se traballa?
As persoas que obteñan o certificado que acredita a superación deste curso de especialización poderán exercer a súa actividade na área de produción dedicada á auditoría enerxética de edificios, instalacións ou operacións industriais ou comerciais, transporte e servizos.
Que ocupacións se desempeñan?
Xestor/a de auditorías enerxéticas; auditor/a enerxéticos/a; técnico/a en auditorías enerxéticas en instalacións mecánicas, de climatización e de calefacción; técnico/a en auditorías enerxéticas en instalacións de electricidade e alumamento; técnico/a en auditorías enerxéticas en edificios; técnico/a en auditorías enerxéticas en instalacións térmicas.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP5107 | Análise da situación enerxética de edificios e instalacións | 90 | 6 | |
1º | MP5108 | Avaliación da mellora enerxética de edificios e instalacións | 120 | 8 | |
1º | MP5105 | Procesos dunha auditoría enerxética | 90 | 6 | |
1º | MP5106 | Toma de datos e medicións de consumos enerxéticos | 120 | 8 |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Vigo | 36014568 | CIFP Valentín Paz Andrade | 886110857 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).