E3ELE005200
E3ELE005200 - LOOIFP | Robótica colaborativa
Que se aprende a facer?
Desenvolver proxectos de robótica colaborativa, tanto de brazos robóticos como de robots móbiles autónomos, así como realizar a montaxe, a posta en marcha e o mantemento dos devanditos sistemas, respectando criterios de calidade, seguridade, accesibilidade e respecto ambiental.
En que ámbitos se traballa?
As persoas que obteñan o certificado que acredita a superación deste curso de especialización poderán exercer a súa actividade en empresas públicas e privadas de todos os sectores produtivos, por conta tanto allea como propia, desempeñando o seu traballo na área de deseño, desenvolvemento, montaxe, mantemento ou consultoría de actividades relacionadas coa robótica colaborativa.
Que ocupacións se desempeñan?
Xefe/a de equipo de supervisión de montaxe de sistemas de robótica colaborativa; xefe/a de equipo de supervisión de mantemento de sistemas de robótica colaborativa; proxectista de sistemas de robótica colaborativa; técnico/a de posta en marcha de sistemas de robótica colaborativa; programador/a de robots colaborativos.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP5088 | Configuración e programación | 181 | 13 | |
1º | MP5087 | Robótica colaborativa | 81 | 6 | |
1º | MP5089 | Robots móbiles autónomos | 81 | 6 | |
1º | MP5090 | Seguridade e mantemento | 57 | 5 |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Culleredo | 15005749 | CIFP Universidade Laboral | 881960820 |
Ferrol | 15006754 | CIFP Ferrolterra | 981333107 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Lugo | 27006516 | CIFP Politécnico de Lugo | 982220328 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Vilagarcía de Arousa | 36013771 | CIFP Fontecarmoa | 886151956 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).