D3IMS000400

 

D3IMS000400 - LOOIFP | Son para audiovisuais e espectáculos

Ciclo formativo
Familia: Imaxe e son
Sistema educativo: LOOIFP
Grao: superior
Horas: 2000
Código: D3IMS000400
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Definir, planificar e supervisar a instalación, a captación, a gravación, o control, a emisión, a posprodución e a reprodución do son en audiovisuais, radio, industria discográfica, espectáculos, eventos e instalacións fixas de sonorización, controlando e asegurando acalidade técnica e formal.

 

En que ámbitos se traballa?
No sector audiovisual, radiofónico, discográfico, do espectáculo, de eventos e de instalación de estruturas fixas e efémeras de sonorización en recintos acoutados.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Xefe/a de son de cine, audiovisuais e espectáculos, técnico/a de son de cine eaudiovisuais, técnico/a de son directo, técnico/a de gravación musical, técnico/a degravación de son en estudio, técnico/a de son para PA ("public address"), técnico/a demonitores de son, técnico/a de sistemas de son, técnico/a de son en sistemas sen fíos,técnico/a en sistemas de microfonía, especialista de son, montador/ora e editor/ora de son,mesturador/ora e masterizador/ora de son.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP1104 Comunicación e expresión sonora
MP1103 Electroacústica
MP0179 Inglés profesional 53 2
MP1097 Instalacións de son
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I 106 5
MP1096 Planificación de proxectos de son
MP1098 Son para audiovisuais
MP1708 Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo 30 1

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Coruña, A 15027800 CIFP Imaxe e Son 981173181

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Vigo 36024461 CIFP Audiovisual de Vigo 886111152




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).