D3ELE000200
D3ELE000200 - LOOIFP | Sistemas de telecomunicacións e informáticos
Que se aprende a facer?
Desenvolver proxectos, así como xestionar e supervisar a montaxe e o mantemento das infraestruturas comúns de telecomunicacións e de sistemas e equipamentos de telecomunicacións tales como redes de banda larga e de radiocomunicacións fixas e móbiles, sistemas telemáticos, de produción audiovisual e de transmisión, a partir da documentación técnica, da normativa e dos procedementos establecidos, asegurando o funcionamento, a calidade, a seguridade e a conservación ambiental.
En que ámbitos se traballa?
Empresas públicas e privadas do sector de servizos dedicadas ás telecomunicacións, a integración de sistemas, redes de banda larga, telemática e medios audiovisuais, como persoal desenvolvedor de proxectos, integrador de sistemas e supervisor da montaxe e omantemento das instalacións e infraestruturas, tanto por conta propia como por conta allea.
Que ocupacións se desempeñan?
Axudante de proxectista, supervisor/ora da montaxe en instalacións de telecomunicacións para vivendas e edificios; técnico/a en verificación e control de equipamentos e instalacións de telecomunicacións, en supervisión, instalación, verificación e control de equipamentos de sistemas de radio e televisión en estudios de produción e sistemas de produción audiovisual, en supervisión, instalación, mantemento, verificación e control de equipamentos de sistemas de radiodifusión, en sistemas de seguridade electrónica e circuítos pechados de televisión, en redes locais e sistemas telemáticos, en sistemas de radioenlaces; especialista en integración, instalación e mantemento de equipamentos e sistemas informáticos e de sistemas de telecomunicación; xefe/a de obra en instalacións de telecomunicacións.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0525 | Configuración de infraestruturas de sistemas de telecomunicacións | |||
1º | MP0551 | Elementos de sistemas de telecomunicacións | |||
1º | MP0179 | Inglés profesional | 53 | 2 | |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | 106 | 5 | |
1º | MP0713 | Sistemas de telefonía fixa e móbil | |||
1º | MP0552 | Sistemas informáticos e redes locais | |||
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | 30 | 1 | |
1º | MP0553 | Técnicas e procesos en infraestruturas de telecomunicacións |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Carballo | 15002591 | IES Monte Neme | 881960050 |
Coruña, A | 15005269 | IES Urbano Lugrís | 881960715 |
Culleredo | 15005749 | CIFP Universidade Laboral | 881960820 |
Ferrol | 15006754 | CIFP Ferrolterra | 981333107 |
Santiago de Compostela | 15015767 | CIFP Politécnico de Santiago | 881867601 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Lugo | 27006516 | CIFP Politécnico de Lugo | 982220328 |
Monforte de Lemos | 27007247 | IES Francisco Daviña Rey | 982828200 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Ourense | 32015050 | CIFP A Farixa | 988783012 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Cambados | 36019396 | IES Francisco Asorey | 886159160 |
Pontevedra | 36014489 | CIFP A Xunqueira | 886159860 |
Vigo | 36017430 | IES Ricardo Mella | 886121001 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).