D2TMV000700
D2TMV000700 - LOOIFP | Mantemento de estruturas de madeira e moblaxe de embarcacións de recreo
Que se aprende a facer?
Planificar e/ou desenvolver a actividade de mantemento de embarcacións de recreo de madeira. Localizar avarías en estruturas, cascos, cubertas e elementos interiores de embarcacións de recreo de madeira. Determinar o alcance da avaría ou a disfunción nas embarcacións de recreo de madeira. Planificar o traballo de mantemento, establecendo o procedemento que cumpra seguir, especificando os materiais ou os repostos requiridos, os equipamentos e as ferramentas necesarias, e a seguridade aplicable. Seleccionar e abastecerse de materiais, accesorios e produtos de entrada e saída no almacén. Manter en bo estado os elementos estruturais de madeira de embarcacións de recreo. Manter e, de ser o caso, modificar elementos interiores de madeira de embarcacións de recreo. Reconstruír cascos e cubertas de madeira de embarcacións de recreo, cumprindo os requisitos técnicos do fabricante e da normativa aplicable. Preparar soportes e aplicar mesturas de pintura, operando con equipamentos de acabamento requiridos. Montar e/ou adaptar mobles e elementos de carpintaría en embarcacións de recreo. Realizar o mantemento de primeiro nivel de máquinas e equipamentos de mecanizado utilizados na montaxe e no acabamento de elementos de madeira, consonte a ficha de mantemento.
En que ámbitos se traballa?
No sector de mantemento de embarcacións de recreo de madeira.
Que ocupacións se desempeñan?
Carpinteiro/a (montador/a-reparador/a de moblaxe) en embarcacións de recreo. Carpinteiro/a de ribeira (mantemento de estruturas, cascos e cubertas de embarcacións de recreo de madeira).
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0542 | Control de almacén | |||
1º | MP0156 | Inglés profesional | 50 | 2 | |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | 106 | 5 | |
1º | MP0538 | Materiais en carpintaría e moble | |||
1º | MP0540 | Operacións básicas de carpintaría | |||
1º | MP0541 | Operacións básicas de moblaxe | |||
1º | MP0539 | Solucións construtivas | |||
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | 30 | 1 |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Ferrol | 15006754 | CIFP Ferrolterra | 981333107 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).