D1TCP001200
D1TCP001200 - LOOIFP | Tapizaría e cortinaxe
Que se aprende a facer?
Tapizar mobles, entear superficies e confeccionar cortinas, coxíns, fundas e outros elementos de decoración, cortando, marcando e ensamblando os materiais, aproveitándoos ao máximo e conseguindo produtos coa estética e o acabamento requiridos, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.
En que ámbitos se traballa?
En pequenas e medianas empresas ou talleres, xeralmente por conta allea, que se dedican a tapizar mobles, entear superficies, confeccionar toldos e fabricar e instalar produtos aplicados ao téxtil do fogar.
Que ocupacións se desempeñan?
Tapiceiro/a de mobles; tapiceiro/a artesanal; tapiceiro/a de decoración auxiliar; tapiceiro/a de vehículos; enteador/ora; reparador/ora de toldos; operador/ora de máquinas industriais de coser e bordar; montador/ora de cortinaxes e de estores.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | AM3009 | Ciencias aplicadas I | 175 | 6 | |
1º | AM3011 | Comunicación e ciencias sociais I | 206 | 7 | |
1º | MP3101 | Confección de artigos téxtiles para decoración | 204 | 7 | |
1º | MP3100 | Confección e montaxe de cortinas e estores | 237 | 8 | |
1º | MP3159 | Itinerario persoal para a empregabilidade | 64 | 2 | |
1º | MP3077 | Materiais e produtos téxtiles | 88 | 3 |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Vigo | 36013448 | CIFP Manuel Antonio | 886120750 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).