BIMP11

 

BIMP11 - Peiteado e estética

Ciclo formativo
Familia: Imaxe persoal
Sistema educativo: LOE
Grao: básico
Horas: 2000
Código: BIMP11
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Aplicar técnicas de limpeza e cambios de forma e cor do cabelo, así como técnicas básicas de maquillaxe, depilación, manicura e pedicura, atendendo á clientela e preparando os equipamentos, os materiais e as aéreas de traballo con responsabilidade e iniciativa persoal, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

 

En que ámbitos se traballa?
Actividades por conta allea en salóns de peiteado e de beleza, en salas de peiteado e/ou estética, en ximnasios ou centros de beleza de hoteis, residencias de persoas maiores, hospitais e balnearios, baixo a supervisión de persoal técnico responsables. Tamén poden realizar de xeito autónomo servizos básicos de peiteado, manicura e pedicura, depilación e maquillaxe.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Auxiliar de peiteado; axudante de manicura e pedicura; axudante de maquillaxe; auxiliar de depilación.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP3065 Cambio de cor do cabelo 150 5
AM3009 Ciencias aplicadas I 175 6
AM3011 Comunicación e ciencias sociais I 206 7
MP3062 Depilación mecánica e descoloración da peluxe superflua 117 4
MP3064 Lavado e cambios de forma do cabelo 175 6
MP3060 Preparación do contorno profesional 87 3
MP3005 Atención á clientela 58 3
AM3010 Ciencias aplicadas II 162 7
MP3061 Coidados estéticos básicos de uñas 135 6
AM3012 Comunicación e ciencias sociais II 135 6
MP3067 Formación en centros de traballo 320
MP3063 Maquillaxe 218 9




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).