BIMA11
BIMA11 - Mantemento de vivendas
Que se aprende a facer?
Realizar operacións básicas de montaxe e mantemento de elementos de fontanaría, calefacción e climatización, pequenas reparacións e substitución de elementos sinxelos en instalacións electrotécnicas, en revestimentos continuos, en azulexado e en pintura, así como a montaxe e a colocación de moblaxe prefabricada e complementos mobiliarios da vivenda, coa calidade indicada, aplicando as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose de xeito oral e escrito en linguas galega e castelá, así como nal-gunha lingua estranxeira.
En que ámbitos se traballa?
Actividades por conta allea en grandes, medianas e pequenas empresas dedicadas á fabricación e á montaxe de produtos mecánicos e electromecánicos, así como á montaxe e ao mantemento de instalacións de fontanaría, calefacción e climatización.
Que ocupacións se desempeñan?
Axudante/a de pintor/ora; de mantemento de instalacións electrotécnicas; de fontaneiro/a; axudante/a montador/ora de equipamentos de calefacción; de climatización; instalador/ora de redes de subministración e distribución de auga; montador/ora de mobles prefabricados de madeira ou similares.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | AM3009 | Ciencias aplicadas I | 175 | 6 | |
1º | AM3011 | Comunicación e ciencias sociais I | 206 | 7 | |
1º | MP3024 | Fontanaría e calefacción básica | 157 | 5 | |
1º | MP3025 | Montaxe de equipamentos de climatización | 97 | 4 | |
1º | MP3090 | Operacións de conservación na vivenda e montaxe de accesorios | 275 | 9 | |
2º | AM3010 | Ciencias aplicadas II | 162 | 7 | |
2º | AM3012 | Comunicación e ciencias sociais II | 135 | 6 | |
2º | MP3096 | Formación en centros de traballo | 320 | ||
2º | MP3088 | Mantemento básico de instalacións electrotécnicas en viviendas | 254 | 11 | |
2º | MP3023 | Redes de evacuación | 157 | 7 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).