BHOT12
BHOT12 - Aloxamento e lavandaría
Que se aprende a facer?
Realizar con autonomía a limpeza e posta a punto das habitacións en aloxamentos turísticos ou doutra índole, e das súas áreas comúns, coidando o bo estado das instalacións e da moblaxe, así como realizar as operacións de clasificación, lavado e limpeza de artigos téxtiles en instalacións industriais, asistindo nos procesos de servizo e atención á clientela, seguindo os protocolos de calidade establecidos, cumprindo as normas de hixiene, prevención de riscos laborais e protección ambiental, con responsabilidade e iniciativa persoal e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.
En que ámbitos se traballa?
Actividade habitualmente por conta allea en hoteis ou outro tipo de aloxamentos turísticos, e en residencias escolares, de maiores, sanitarias, etc., así como en empresas de servizos de atención a colectividades, e en lavandarías industriais e de proximidade.
Que ocupacións se desempeñan?
Camareiro/a de pisos, en establecementos de aloxamento turístico, en calquera tipoloxía, modalidade ou categoría; valet ou mozo/a de habitacións; auxiliar de pisos e limpeza; auxiliar de lavandaría e lenzaría en establecementos de aloxamento; operador/ora de máquinas lavadoras e secadoras de pezas; operador/ora de máquinas e equipamentos de pasada do ferro a pezas.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | AM3009 | Ciencias aplicadas I | 175 | 6 | |
1º | AM3011 | Comunicación e ciencias sociais I | 206 | 7 | |
1º | MP3093 | Lavado e secado de roupa | 117 | 4 | |
1º | MP3077 | Materiais e produtos téxtiles | 88 | 3 | |
1º | MP3094 | Pasada do ferro e embolsamento de roupa | 116 | 4 | |
1º | MP3130 | Posta a punto de habitacións e zonas comúns en aloxamento | 208 | 7 | |
2º | MP3005 | Atención á clientela | 58 | 3 | |
2º | AM3010 | Ciencias aplicadas II | 162 | 7 | |
2º | AM3012 | Comunicación e ciencias sociais II | 135 | 6 | |
2º | MP3132 | Formación en centros de traballo | 320 | ||
2º | MP3131 | Lavandaría e mantemento de lenzaría no aloxamento | 263 | 11 | |
2º | MP3039 | Preparación e montaxe de materiais para colectividades e catering | 90 | 4 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).