BHOT11
BHOT11 - Cociña e restauración
Que se aprende a facer?
Realizar con autonomía as operacións básicas de preparación e conservación de elaboracións culinarias sinxelas no ámbito da produción en cociña, así como as operacións de preparación e presentación de alimentos e bebidas en establecementos de restauración e catering, asistindo nos procesos de servizo e atención á clientela, seguindo os protocolos de calidade establecidos, cumprindo as normas de hixiene, prevención de riscos laborais e protección ambiental, con responsabilidade e iniciativa persoal, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.
En que ámbitos se traballa?
Actividades por conta allea en pequenas, medianas e grandes empresas do sector da hostalaría, en establecementos de restauración, bares e cafetarías, en tendas especializadas en comidas preparadas e en empresas dedicadas ao almacenamento, o envasamento e a distribución de produtos alimenticios. Tamén poden traballar por conta propia en pequenos establecementos dos subsectores de hotelaría e restauración tradicional, moderna ou colectiva.
Que ocupacións se desempeñan?
Axudante ou auxiliar de cociña; axudante de economato de unidades de produción e servizo de alimentos e bebidas; auxiliar ou axudante de camareiro/a en sala; auxiliar ou axudante de camareiro/a en bar-cafetaría; auxiliar ou axudante de barman; auxiliar ou axudante de cociña en establecementos onde a oferta estea composta por elaboracións sinxelas e rápidas (tapas, pratos combinados, etc.); axudante de economato de unidades de produción e servizo de alimentos e bebidas.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP3036 | Aprovisionamento e conservación de materias primas e hixiene na manipulación | 117 | 4 | |
1º | MP3005 | Atención á clientela | 58 | 2 | |
1º | AM3009 | Ciencias aplicadas I | 175 | 6 | |
1º | AM3011 | Comunicación e ciencias sociais I | 206 | 7 | |
1º | MP3035 | Procesos básicos de produción culinaria | 179 | 6 | |
1º | MP3034 | Técnicas elementais de preelaboración | 175 | 6 | |
2º | AM3010 | Ciencias aplicadas II | 162 | 7 | |
2º | AM3012 | Comunicación e ciencias sociais II | 135 | 6 | |
2º | MP3041 | Formación en centros de traballo | 320 | ||
2º | MP3039 | Preparación e montaxe de materiais para colectividades e catering | 90 | 4 | |
2º | MP3038 | Procesos básicos de preparación de alimentos e bebidas | 164 | 7 | |
2º | MP3037 | Técnicas elementais de servizo | 157 | 7 |
Modalidade de formación profesional dual
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Muxía | 15027927 | IES Ramón Caamaño | 881880775 |
Ribeira | 15014556 | CIFP Coroso | 881866874 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).