BMAM11
BMAM11 - Carpintaría e moble
Que se aprende a facer?
Realizar operacións básicas de fabricación, instalación e montaxe de elementos de carpintaría e moble, mecanizando madeira e derivados, acondicionando superficies, aplicando produtos de acabamento e auxiliando nos procesos de tapizado, colaborando na elaboración de produtos coa estética e os acabamentos requiridos, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.
En que ámbitos se traballa?
En pequenas, medianas e grandes empresas, por conta allea ou propia, dedicadas á fabricación e á instalación de elementos de carpintaría e moble, así como á aplicación de produtos de acabamento e tapizado de mobles en xeral.
Que ocupacións se desempeñan?
Montador/ora de produtos de ebanistaría en xeral; montador/ora de mobles de madeira ou similares; montador/ora produtos de madeira excepto ebanistaría; montador/ora de envases e embalaxes de madeira e similares; acabador/ora de mobles de madeira; acoitelador/ora e vernizador/ora de parqué; vernizador/ora e lacador/ora de artesanía de madeira; vernizador/ora e lacador/ora de mobles de madeira; operador/ora de tren de acabamento de mobles; embalador/ora, empaquetador/ora e etiquetador/ora á man; peón da industria da madeira e da cortiza; tapiceiro/a de mobles.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | AM3009 | Ciencias aplicadas I | 175 | 6 | |
1º | AM3011 | Comunicación e ciencias sociais I | 206 | 7 | |
1º | MP3075 | Instalación de elementos de carpintaría e moble | 160 | 5 | |
1º | MP3077 | Materiais e produtos téxtiles | 88 | 3 | |
1º | MP3074 | Operacións básicas de mecanizado de madeira e derivados | 281 | 10 | |
2º | MP3076 | Acabamentos básicos da madeira | 180 | 8 | |
2º | MP3005 | Atención á clientela | 58 | 3 | |
2º | AM3010 | Ciencias aplicadas II | 162 | 7 | |
2º | AM3012 | Comunicación e ciencias sociais II | 135 | 6 | |
2º | MP3080 | Formación en centros de traballo | 320 | ||
2º | MP3078 | Tapizado de mobles | 173 | 7 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).