Saltar navegación

Plantillas para a creación de preguntas

Habilitando LibreOffice Writer para traballar coa plantilla

Habilitar as macros no Libreoffice, do seguinte xeito:

  • Menú Ferramentas --> Opcións e na opción Seguranza, concretamente no apartado Seguranza das macros, seleccionamos Nivel de seguranza --> Media , tal e como se amosa na seguinte imaxe:

    Cambiar nivel seguranza do Libre Office Writer

  • Descargar e descomprimir o cartafol "Plantilla cuestionario.zip"
  • Abrir o documento ejemplo.odt , e na mensaxe que aparece de advertencia seleccionar "Activar macros"

Activar Macros

  • Xa deberían aparecer unha serie de cuestións de exemplo.

Crear preguntas

Abrindo o documento Plantilla Cuestionario.ott directamente agora o noso procesador de textos apreciamos que contén un novo menú que nos vai a permitir ir creando novas preguntas.

Menú Cuestionario

A medida que imos engadindo preguntas para comprobar que non se están xerando con ningún tipo de erro accedemos directamente dende o menú Cuestionario --> Exportación --> Prueba previa, e que se todo está ben nos ten que indicar a seguinte mensaxe:

No errores preguntas

Unha vez rematado de definir as nosas preguntas as podemos exportamos ao formato desexado para logo importalas dende o moodle.

Importante: Executar a opción Exportación --> Prueba previa, sempre antes de exportar a calquera formato e gardar o arquivo.

Exportación ao formato desexado (GIFT ou XML)

Tras ter definidas as preguntas desexadas é preciso exportalas a un formato que interprete moodle por exemplo GIFT, para o que:

  • Comprobamos se existen erros, na definición das preguntas :
    • Cuestionario --> Exportación --> Prueba Previa
  • Exportamos ao formato desexado, por exemplo GIFT:
    • Cuestionario --> Exportación --> Exportar a GIFT
      • Nome para o arquivo (.odt)
      • Formato para o que queremos exportar (seleccionaremos UTF-8)

        Formato UTF8

      • Nome para o arquivo de texto (.txt), que vai a ser o que temos que seleccionar á hora de importar.