Saltar navegación

Estruturación Banco de Preguntas: Categorías

Dende o menú Admininistración, accedemos a Administración do curso e se despregamos o menú "Banco da pregunta" atopamos un menú semellante ao seguinte:

e accedendo directamente a Categorías permite a edición de categorías que van a servir como obxecto contedor das preguntas.

Por defecto, cada curso que se crea automáticamente crea unha categoría predeterminada para preguntas, aínda que a podemos modificar.

Calquera categoría que creemos a podemos ubicar na contorna de:

  • Curso Actual
  • Categoría de curso á que pertence o curso actual
  • Categoría do sistema, é a máis alta e a que poden acceder todos os cursos da plataforma, independente da súa ubicación na estrutura xerárquica

Categorías para preguntas

En función da visibilidade que lle queiramos dar a categoría das preguntas que creamos a situaremos na contorna desexada.