EFOS Trapview
Trapview consiste nunha trampa / cebo de feromonas automáticas coa apariencia dun comediero para paxaros) que está equipado con compoñentes electrónicos. Desta forma obtense unha imaxe moi detallada do que foi atrapado na trampa. As imaxes, incluída a información de localización, envíanse a través da rede de telefonía móbil aos servidores.
Nos servidores procésanse as imaxes e realízase a identificación automática das pragas, emitindo avisos/alertas cando é necesario. En todo momento o usuario pode ver a través da aplicación en liña cal é o estado da poboación de pragas nos distintos cultivos e áreas do cultivo. Permite tomar decisións óptimas sobre o control de pragas no momento axeitado, permitindo así a redución do uso de pesticidas. En consecuencia, temos froitas e verduras máis saudables. Asimesmo tamén permite un aforro de tempo de traballo ao reducir a cero o tempo preciso para a vixianza dos cultivos.
A aplicación web Trapview ofrece unha vista detallada de imaxes de alta resolución tomadas pola trampa e inclúe algunhas características analíticas para a comparación de datos ao longo do tempo. Conta coa posibilidade de conectar sensores de temperatura e humidade para recompilar datos meteorolóxicos locais. Baseado niso, Trapview WEB permite a comprensión dos datos do historial e proporciona unha presentación estatística de cálculos de pragas. Basándose no anterio, o software tamén permite o cálculo automático de pragas, podendo activarse as alarmas antes da aparición da praga.
Análise Económico
Desenvolvedor
Farm
Actualizacións
Precisamos a túa opinión...