1ºESO
O talento do noso alumnado non deixa de darnos alegrías. A alumna de 4º ESO , Iria Sánchez del Río foi premiada co 2º premio de narrativa no Certame Literario Concello de Ames, co relato titulado "O vestido vermello". Foron 176 traballos presentados así que moitos parabéns para Iria. O certame literario Concello de Negreira otorgou o 1º premio á alumna Lara López Suárez, que se presentou co conto "Atada por amor" , una fermosa historia que nos leva á época de Almanzor no ano 968 e na que se narra a historia de Subh, una concubina valente exemplo de superación e optimismo. O 3º premio foi outorgado a Andrea Losada, alumna tamén de 4º de ESO polo conto "As costureiras de Mondoñedo".
O alumnado do noso centro fixo pleno no certame de pintura do Concello de Negreira. Os tres premios da categoría 13-18 anos foron a parar a Paola Enjo, María Lista e Julián Rey, alumnos de 1º BAC, 1º ESO e 3º ESO respectivamente. Noraboa e que sigades a perfeccionar a vosa formación artística.
Moitos parabéns a este alumnado que demostra como traballando duro se consiguen os triunfos.
IMPORTANTE: Aberto o prazo de solicitude para participar no Fondo Solidario de librosde Texto e para axudas económicas para adquisición de libros de texto e material escolar.
Como en anos anteriores aplícase a alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º ESO
O prazo de solicitude remata o día 21 de xuño.
O departamento de orientación organiza unhas charlas informativas para o alumnado de 1º e 2º de ESO dentro do Plan Proxecta, para evitar hábitos nocivos no alumnado como o tabaquismo e consumo de bebidas alcohólicas.
Hoxe poidemos disfrutar dun fantástico festival de entroido. Felicitar ao alumnado do noso centro que traballou moitísimo e con gran ilusión creando unhas coreografías e actuacións de gran nivel. Parabéns a todos e que disfrutedes dun feliz entroido. Vémonos o xoves!
Ao fio dun proxecto do departamento de Educación Física sobre reducir o excesivo peso das mochilas escolares recuperamos o interesantísimo traballo de investigación sobre hábitos saúdables premiado hai dous anos no noso certame de Premio de Investigación Científica. Un interesante estudo que segue a estar mais vixente ca nunca e que foi elaborado por Alba García, Soraya Lorenzo, Alicia Fernández e Nerea Leis. Animámosvos a leelo con calma e facervos as preguntas que nel se facían.
No traballo se estudaban e aclaran aspectos coma:
-Hábitos de sono e descanso
-Hábitos alimentarios
-Tipos de alimentos saudables
-Tempo adicado ao exercicio físico
-Hábitos posturais
-Uso da mochila escolar
-Uso do móbil
-Consumo de tabaco e alcohol
ATENTOS!. Se vos gusta o periodismo, a investigación e a televisión comprometida coa sociedade. As entidades AGARESO (asociación galega de reporteiros solidarios) e Asamblea de Cooperación pola paz desenvolverán un obradoiro de televisión gratuíto para alumnado e profesorado do centro. Dito obradoiro desenvolverase os xoves 7, 14, 21, 28 de febreiro e 7 e 14 de marzo, de 16 a 18 horas dentro do proxecto "Escolas sen racismo, escolas para a paz e o desenvolvemento" do que o noso centro forma parte.
Nas distintas sesións abordarase a parte técnica do proceso audiovisual (cámara, micrófono, iluminación) e tamén a parte dos contidos, partindo da importancia de traballar un bo guión e a variedade de formatos que se poden utilizar, sempre baixo o enfoque da comunicación para o cambio social (temáticas de xénero, medio ambiente, dereitos humanos, etc.) e intentando que o obradoiro sexa unha ferramenta de transformación social para o IES Xulián Magariños e para Negreira.
O alumnado interesado ten dispoñible como adxunto un modelo de autorización que deberá estar asinado polo pai/nai/titor legal no caso de que sexa menor de idade e ser entregado a Orientación ou en Vicedirección.
Parabéns a nosa alumna Alicia Romarís, gañadora do Concurso de pintura Mural da Deputación da Coruña. O xoves 10 de xaneiro tivo lugar un pequeno acto de entrega do premio no centro.
Con motivo da semana adicada á Constitucuión e a o Estatuto de Autonomía de Galicia, o alumnado de 1º ESO traballou na materia de educación plástica sobre o cartelismo electoral. No hall do centro podedes contemplar a visión do alumnado dos carteis electorais a favor do SI ao Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936. Castelao, Luis Seoane, Isaac Diaz Pardo ou Camilo Díaz Baliño firmaban as obras. Exposición das reproduccións feitas polo alumnado de 1º ESO. Foi un traballo conxunto dos departamentos de Galego, Plástica, Tecnoloxía e Historia.