1ºESO
O vindeiro luns, día 7 de setembro, haberá unha reunión informativa presencial para as familias de 1º ESO. Debido á limitación de aforo do salón de actos, rogamos que acuda unicamente UNHA PERSOA por familia, e que o alumnado non asista á reunión pois terán unha presentación específica o día 16.
Para facilitar o mantemento das medidas de distancia sanitaria, faremos dúas sesións no seguinte horario:
- 17:00 horas - alumnado con primeiro apelido dende A ata J incluído
- 18:30 horas - alumnado con primeiro apelido dende K ata Z
Fanse públicas as listaxes provisionais de admitidos e excluidos do Fondo Solidario de libros de texto. Para consultalas recomendamos facelo telemáticamente usando a aplicación Fondolibros. De non poder acceder, poden pasar polo centro a consultalas en conserxería.
O prazo de presentación de reclamacións fronte a esta listaxe provisional remata o día 15 de xullo.
Consulte aquí as rutas e paradas do transporte escolar durante o curso 2019-2020.
TÁBOA DE RUTAS E PARADAS 2019-2020
Poden consultar tamén as instruccións para o curso 2020-2021 sobre Transporte escolar, en concreto sobre petición de novas paradas ou do servizo para usuarios non lexítimos
INSTRUCCIÓNS TRANSPORTE ESCOLAR 20-21
Resulta importante sinalar que o alumnado de ensinanzas non obrigatorias (bacharelato, ciclos medio e superior) que sexa autorizado a usar o servizo de transporte escolar nos vehículos contratados pola consellería farao de forma absolutamente gratuita.
Lembren tamén que no caso de solicitar modificación dos itinerarios ou novas paradas (só pode solicitalas o alumnado de ESO e FPB usuario lexítimo do servizo de transporte) con carácter xeral non se autorizarán desviacións ou novas paradas por distancias inferiores a 2 km, nin fóra da zona de influencia do centro.
O alumnado que deba acudir ao centro a entregar a solicitude de participación no fondo solidario de libros de texto, recoller material escolar que deixara no centro ou teña que devolver a chave e recuperar a fianza das taquillas deben seguir as instruccións adxuntas:
Con elas trátase de escalonar a presencia das familias no centro e evitar aglomeracións e viaxes innecesarias.
Instrucións para solicitar o Fondo Solidario de libros de texto
Formulario precuberto de exemplo
Calendario cos días que debe acudir o alumnado de cada curso
É obligatorio o uso de mascarilla, desinfectar as mans con xel hidroalcohólico ao entrar, gardar as distancias de seguridade e seguir as indicacións do persoal do centro. Agradecemos a colaboración do alumnado e das familias para levar a cabo este proceso.
O alumnado que levara libros en préstamo da Biblioteca tamén pode aproveitar para devolvelos.
POLO TANTO, A SEMANA QUE VEN VIRÍA POLO CENTRO:
Luns 8 de xuño: Alumnado que se incorporará a 1º de ESO con primeiro apelido que comence con coas letras H-P
Martes 9 de xuño : Alumnado que se incorporará a 1º de ESO con primeiro apelido que comence con coas letras Q-Z
A partir do mércores acudirá o alumnado de 4º ESO que teña que recoller material ou devolver libros da biblioteca
Acaba de sair publicada a Orde que regula a participación no Fondo Solidario de libros de texto. Como en anos anteriores garante un mínimo de 6 libros a alumnado con rentas familiares inferiores a 6000€ per cápita e 4 libros se as rentas son inferiores a 10000€ per cápita
O prazo de solicitude remata o 19 de xuño.
Lembramos que requisito imprescindible para poder recoller os libros prestados é a devolución en bo estado dos libros prestados ao longo deste curso. Próximamente informaremos do procedemento para que o alumnado poida devolver os libros que disfrutaron este ano.
Ligazón á información na web da Consellería
IMPORTANTE : Na Orde publicada no DOG hai un erro na páxina 20658. O recadro da base impoñible xeral CORRECTO é o 435, pero na orde aparece publicado o 432
O noso alumnado vai participar no concurso PILABOT de recollida de pilas usadas.
Como sabedes, as pilas e baterías son un residuo moi valioso e á vez moi contaminante polo que é preciso facer unha recollida selectiva e asegurarse de que sexan correctamente tratadas despois da súa vida útil.
POLO NOSO MEDIO AMBIENTE, polo futuro do noso planeta, vos pedimos que non tiredes esas pilas usadas de calquera maneira.
A Xunta de Galicia, por medio da Consellería de Medio ambiente, acaba de lanzar este concurso para concienciar aos rapaces da importancia de reciclar correctamente, así que por favor gardade esas pilas usadas e se llas dades ao noso alumnado éste se encargará de depositalas nun contenedor axeitado que virán a recoller o vindeiro mes. Ademáis dunha boa acción dende o punto de vista medioambiental podedes axudarnos a gañar un importante premio que revertirá en melloras no centro. Grazas pola vosa axuda!!
Qué bos consellos nos deixa o alumnado de 1°ESO. Traballando a alimentación na materia de Promoción de estilos de vida saudable da man do profesor Xoán Carlos Gantes. Intentaremos seguir as pautas que nos deixades!
O 3 de decembro é día mundial das persoas con discapacidade. Poñámonos por uns momentos no seu lugar.
Deseño universal. Deseño adaptado.
Queremos agradecer a colaboración do centro de Saúde de Negreira que nos prestou as cadeiras de rodas para que o alumnado puidera sentir o que é moverse nelas e os atrancos a mobilidade que representa a arquitectura dos edificios. Tamén aprendemos como xurdiu o sistema braille de escritura para cegos e poidemos facer os nosos escritos nel.
LIBROS DE TEXTO: Listaxe provisional de solicitudes admitidas. Non hai ningunha solicitude excluída.
VALES DE MATERIAL ESCOLAR: Listaxe de solicitudes admitidas e excluídas
Os vales para adquisición de material escolar poderán ser recollidos polas persoas solicitantes na secretaría do centro a partir do día 23 de xullo.
O prazo de reclamacións será de 2 días a partir da publicación destas listaxes provisionais.
O alumnado que levase libros do fondo para preparar os exames de materias pendentes de setembro deberá devolvelos entre o 2 e 4 de setembro.
O alumnado que solicitou o fondo de libros e xa teña algún libro do vindeiro curso deberá indicalo na administración do centro antes do día 10 de setembro de 2019 para intentar que os libros asignados do fondo sexan distintos dos que xa se teñen. (non o podemos garantir).
CONSULTAR DATA E HORA DOS EXAMES
IMPORTANTE
As probas realizaranse os días 2 (luns), 3 (martes) e 4 (mércores) de setembro.
Non haberá servizo de autobuses: o alumnado de ESO abandonará o centro ao rematar o exame.
As cualificacións estarán expostas ao público nos paneis de Secretaría do instituto e entregaranse o venres 6 ás 12:00 horas.
O prazo de presentación de reclamacións serán os días 6 (venres), 9 (luns), e 10 (martes).
A resolución de reclamacións será o día 11 (mércores).
FONDO LIBROS. DEVOLUCIÓN LIBROS E SOLICITUDE DE PRÉSTAMO
O alumnado que teña libros prestados do fondo solidario deberá entregalos entre os días 2 e 4 de setembro .
O alumnado que repita 4º ESO poderá solicitar o fondo solidario de libros de texto e material escolar cando efectúe a matrícula